Fibrinóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 27 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q381899
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 118:
 
== Fisioloxía ==
O fibrinóxeno é a principal proteína da coagulación do sangue nos vertebrados. É unha [[glicoproteína]] de 340 [[daltonDalton (unidade)|kDa]] sintetizada no [[fígado]] polos [[hepatocito]]s. A súa concentración no plasma sanguíneo é de 1,5-4,0 g/L (normalmente medido usando o [[método de Clauss]]) ou arredor de 7 [[mol|µM]]. Na súa forma natural, o fibrinóxeno pode formar pontes entre as [[plaqueta]]s, uníndose ás súas [[proteína]]s da superficie da membrana [[GpIIb]]/[[GpIIIa|IIIa]]; porén a súa principal función é a de ser precursor da fibrina.
 
O fibrinóxeno é un [[hexámero]] que contén dous conxuntos de tres cadeas distintas (α, β, e γ), unidas unhas a outras por [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]]. As seccións [[N-terminal|N-terminais]] destas tres cadeas conteñen as [[cisteína]]s que participan nos enlaces entre as cadeas. As rexións [[C-terminal|C-terminais]] das cadeas α, β e γ conteñen un dominio de aproximadamente 225 [[aminoácido]]s, que pode funcionar como unha unidade de recoñecemento molecular. No fibrinóxeno igual que na [[anxiopoietina]], este dominio está implicado en interaccións proteína-proteína. Nas [[lectina]]s, como nas [[ficolina]]s de [[mamífero]]s e na [[taquilectina 5A]] de invertebrados, o dominio C-terminal do fibrinóxeno únese a [[carbohidrato]]s. Nas cadeas α e β do fibrinóxeno hai unha pequena secuencia [[péptido|peptídica]] (chamada [[fibrinopéptido]]). Estes pequenos péptidos son os que impiden que o fibrinóxeno forme espontaneamente [[polímero]]s consigo mesmo. <ref>[http://www.expasy.org/prosite/PDOC00445 PDOC00445] Fibrinogen C-terminal domain in [[PROSITE]]</ref>