Linguas paleohispánicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Chámanse '''linguas paleohispánicas''' ou '''prerromanas''' as linguas indíxenas faladas na [[Península Ibérica]] antes da chegada dos [[romano]]s. É controvertido o uso do termo "indíxenas" xa que non se coñece a orixe dalgunas destas linguas e outras son [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]]s, pero delimita o grupo de linguas tratado fronte ao [[fenicio]], ao [[grego]] e naturalmente fronte a [[latín]].
 
[[Image:prehispanic_languages.gif|left|400350px|Ensaio de mapa lingüístico da Península Ibérica na época prerromana.]]
 
A maioría das linguas faladas na península antes dos romanos son practicamente descoñecidas. Das que nos son coñecidas, so dispoñemos das noticias deixadas por [[fenicio]]s, [[grego]]s e [[romano]]s e unha serie de inscricións. É o que se chama ''linguas en ruínas'' ou ''residuais'' (en alemán ''Restsprachen'' ou ''Trümmersprachen'') e que as coloca na mesma categoría có [[lingua etrusca|etrusco]], o [[lingua paleosarda|paleosardo]], o [[lingua ligur|ligur]] e o [[lingua rética|rético]] entre outras.