Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Como crear unha páxina»

{{Atallo|WP:CCP}}
A [[Wikipedia]] está constituída polos artigos que os seus colaboradores redactan. Actualmente, na [[Galipedia]] existen {{NUMBEROFARTICLES}} artigos; non obstante, aínda quedan outros moitos cos que se pode mellorar, completar e aumentar a información que está aquí. Para facelo, podes '''crear unha nova páxina''' sobre un tema que non teña artigo. Antes disto, cómpre asegurarse de que non existe outra páxina co mesmo contido que vas editar. Lembra sempre respectar o [[Wikipedia:Libro de estilo|formato habitualmente empregado]] para contribuír á cohesión xeral nos artigos.
 
==Diferentes xeitos de comezar==
Comezar un artigo é moi sinxelo se sabes o que vas poñer nel: simplemente basta con escribir o texto e gardalo! Para facelo, podes seguir, indistintamente, calquera destas maneiras expostas a continuación.
 
===Desde unha ligazón vermella===
Ao leres un artigo, atoparás diversas ligazóns internas cara a outros artigos do wiki. As ligazóns azuis correspóndense con artigos que xa existen e que podes mellorar. As vermellas, pola contra, son artigos que non existen e que quizais ti queiras comezar. Preme sobre a ligazón e poderás comezar a [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editar a páxina]] para redactar os seus contidos.
== '''Baño'''. ==
8

edicións