Wikipedia:Zona de probas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
AMPC98 (conversa | contribucións)
limpando a zona de probas
Liña 1:
{{Zona de probas}}
<!-- Non eliminedes o modelo nin este texto. Facede as vosas probas por debaixo desta liña. -->
'''DOMINGO ANTONIO GUERRA PARÍS'''
 
Nace en Muros (A Coruña) o día 1 de decembro de 1964. É un economista especializado en Economía Pública e Política Económica que, ademais de figurar inscrito no ECIF como experto en Contabilidade e Información Financeira, é consultor, analista e auditor de sistemas de información (RASI).
'''TRAXECTORIA PROFESIONAL'''
 
A súa actividad profesional, como funcionario de carrera, iniciouse no Concello de Muros, onde traballou durante o período 1987-1992. Desde xuño de 1992, traballa no Consello de Contas facendo auditorías aos Concellos, Deputacións, e outras entidades locais de Galicia.
A súa traxectoria profesional na auditoría de contas (disciplina na que é Máster polo Instituto de Censores Xurados de Contas de España e pola USC), unido ao interese polo municipalismo galego, fixo que realizara traballos de investigación publicando artigos en diversas revistas de auditoría e de economía especializadas. Participa, habitualmente, como poñente en conferencias, congresos, cursos e xornadas sobre a actividade económico-financeira e orzamentaria do sector público local.
'''OBRAS PUBLICADAS'''
 
"Las operaciones de tesorería: una propuesta de fiscalización"
Auditoría Pública, número 23 (2001). Neste traballo, descríbese cómo se deben contabilizar as operacións de tesourería subscritas por entidades locais para financiar déficits transitorios de liquidez. También se especifican os procedementos que deben utilizarse no transcurso dunha auditoría de regularidade (financeira e de cumprimento de legalidade).
 
"Os concellos e os efectos negativos da globalización nas comunidades costeiras"
Actas do I Congreso sobre globalización, arraigo xeográfico e comunidades costeiras en tempos de cambio (2005).
Conferencia que ratifica a existencia dun raquitismo orzamentario crónico nos Concellos de Carnota e Muros (sede do congreso), que impide facer fronte a determinados impactos negativos provocados pola globalización, debido a forte inhibición fiscal ou utilización escasa dos tributos propios. Conclúese que se debe esixir aos nosos políticos responsabilidade fiscal; aplicación de criterios de eficiencia e equidade na imposición; e xestión eficiente.
 
"A cuantificación do remanente de tesourería nos municipios galegos menores de cinco mil habitantes"
Actas do III Congreso de economía de Galicia (2006).
Nesta publicación, o autor demostra que o estado de remanente de tesourería en numerosos municipios galegos non ofrece fiabilidade. De feito, obtivéronse evidencias suficientes que demostran a inutilidade deste indicador como informador de liquidez nunha mostra de 147 municipios galegos menores de cinco mil habitantes (mostra que representa o 77% sobre os 191 concellos galegos que configuran este tramo poboacional).
 
"La rendición de cuentas de los municipios gallegos"
Revista auditoría pública, número 43 (2007).
Nesta obra, descríbese e, ao mesmo tempo, se critica o escaso nivel de rendeción de contas en prazo, da cuenta xeral dos municipios gallegos, ao Consello de Contas de Galicia. Ademais, especifícanse as causas que poden explicar este irregular comportamento, propoñendo o autor, como medida aplicable, a de sancionar económicamente aos incumpridores.
 
"Actividad económica muradana. Una visión subjetiva"
ISBN 978-84-613-8000-8. Depósito Legal: C 256-2010. Tórculo. 2010.
Nesta páxinas analízanse algúns aspectos da actividade económica de Muros que transcurre durante os primeiros anos deste Novo Século (exercicios 2000 a 2010).
 
'''OUTRAS ACTIVIDADES'''
 
No ano 2007, xunto con outros oito muradáns vinculados entre sí por lazos familiares e de amizade, funda a ASOCIACIÓN SORUM (Muros ao revés), que tiña como obxectivo estatutario a promoción de Muros. Nesta entidade, que preside ata a súa desaparición no ano 2013, organizáronse, entre outras, as seguintes actividades:
 
Primeira, Segunda, Terceira, Cuarta, Quinta e Sexta “Exposición pictórica de artistas muradáns”.
Recital concerto “Quen pudera convosco voar” de CasaHamlet.
Homenaxe aos desaparecidos no petroleiro “Bonifaz” e ás vítimas do “Castillo de Montjuich”, en colaboración con Manuel M. Caamaño.
Participación no Programa da TVG “Acompáñanos” levando a numerosos veciños da localidade a presenciar o programa.
Recoñecemento ao Profesor de bailes latinos e de salón D. Alberto Lema.
Xuntanza antigos compoñentes “Os Querubíns”.
“I Torneo de fútbol Asociación SORUM”, disputado entre os catro equipos da localidade (SD Esteirana; Muros, SD; UD Monte Louro, e Volantes de Baño, FC).
Gala de entrega dos “Premios SORUM, 2011 e 2012”.