Narcose de nitróxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creación entrada: Basicamente tradución de es:wikipedia.

Editando.
Liña 10:

Debido á alteración perceptual e cognitiva de quen padece unha narcose deste tipo, a súa aparición é difícil de recoñecer, a súa severidade é difícil de establecer e pode resultar fatal; polo seu efecto tóxico intrínseco ou como resultado do comportamento ilóxico nun ambiente de risco como é o mergullo autónomo. O efecto é non obstante, doadamente reversible: os efectos desaparecen ao diminuír a presión (ao ascender menores profundidades ou presión atmosférica).

== Efectos ==

Xunto cos baro-traumatismos e os accidentes por descompresión (riscos típicos do ascenso), a narcose é un dos factores de risco máis importantes no mergullo con aire comprimido. O aspecto máis perigoso desta condición é a perda de obxectividade, a incapacidade de actuar racionalmente, a desorientación e a mala coordinación. Nas súas formas máis graves, o mergullador empeza a sentirse invulnerable e a descoidar as normas de seguridade básicas do mergullo. Déronse casos de mergulladores que quitan a máscara e aceleran o seu descenso a profundidades excesivas. Hai unha gran cantidade de anécdotas infames (aparentemente baseada en historias verídicas), de mergulladores que intentan compartir o aire do regulador cos peixes ou que intentan fumar un cigarro estando en inmersión. Xeralmente o mergullador que padece esta condición non é consciente desta, é incapaz de xulgar o risco da súa condición.

Outros efectos asociados á respiración de gases inertes a altas presións son a vertixe, os formigueos e/ou formigos nos labios e nos dedos, e un esgotamento acentuado. Algúns mergulladores poden verse vítimas do pánico, permanecendo no fondo por non se sentir capaces de ascender. A síndrome tamén pode presentar efectos hilarantes, de ansiedade extrema, depresión ou paranoia.

Aínda que cada individuo poden ser máis ou menos vulnerable aos síntomas da narcose, as probas demostran que todo mergullador se ve invariablemente afectado pola narcose de nitróxeno. A diferenza entre os mergulladores no xeito e o grao en que a narcose lles afecta é debida en parte a factores de aclimatación, adestramento e técnicas respiratorias. Non obstante, é claro que os efectos sempre subxacen presentes.
Na seguinte táboa resúmense os signos e síntomas da narcose de nitróxeno reportados a diferentes profundidades (en metros e pés) en auga do mar:

{| class="wikitable" style="margin: 1em auto 1em auto"
|+ '''Signos e Síntomas da Narcose de Nitróxeno (respirando aire)'''
! width="75"|Presión (bar)|| width="95"|Profundidade (m)|| width="95"|Profundidade (pes) ||tamaño="550"|Sintomas

| align="center"|1–2 || align="center"|0–10 ||align="center"|0-33 ||Síntomas ausentes ou imperceptibles

| align="center"|2–4 || align="center"|10–30 ||align="center"|33–100 ||Leve deterioración no desempeño de tarefas nas que non se ten habilidade.
Leve deterioro do razoamento.
Pode presentarse euforia leve.

| align="center"|4–6 || align="center"|30–50 ||align="center"|100–165 ||Atraso na resposta a estímulos visuais e auditivos.
Alteración do razoamento e da memoria inmediata (máis que da coordinación motora).
Erros de cálculo e alteración na capacidade de toma de decisións.
Ideas fixas.
Exceso de confianza e do sentido de benestar.
Risa e locuacidade (en cámara hiperbárica) que poden soportarse mediante auto-control.
Ansiedade (máis común en augas frías e turbias)

| align="center"|6–8 || align="center"|50–70 ||align="center"|165–230 ||Somnolencia, deterioración do xuízo, confusión.
Alucinacións.
Atraso severo na resposta a sinais, instrucións e outros estímulos.
Mareos ocasionais.
Risa descontrolada, histeria (en cámara hiperbárica).
Sensación de terror.

| align="center"|8–10 || align="center"|70–90 ||align="center"|230–300 ||Falta de concentración e confusión mental.
Estupor con algún grao de deterioración de habilidades e xuízo.
Perda de memoria, aumento da excitabilidade.

| align="center"|10+ || align="center"|90+ ||align="center"|300+ ||Alucinacións.
Aumento da intensidade da visión e a audición.
Sensación de apagamento inminente, euforia, mareos, estados maníacos ou depresivos, sensación de levitación, alteración da percepción do tempo, cambios en la aparencia facial.
Perda do coñecemento.
Morte.