Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q184725
Nicole (conversa | contribucións)
Liña 17:
Durante a Idade Media, produciuse unha cohesión relativamente pacífica -aínda que non exenta de incidentes- entre cristiáns, xudeus e musulmáns, nos reinos peninsulares. Había unha longa tradición de servizo á Coroa de Aragón por parte dos xudeus. O pai de Fernando, [[Xoán II de Aragón]], nomeou a [[Abiathar Crescas]], un xudeu, [[astrónomo]] da Corte. Os xudeus ocupaban moitos postos importantes, tanto relixiosos como políticos. Castela incluso tiña un [[rabino]] inoficial, un xudeu practicante.
 
Non obstante, a fins do [[século XIV]] houbo nalgúns lugares de España unha onda de [[antisemitismo]], alentado pola predicación de [[Ferrant Martínez]], arquidiácono de [[Écija]]. Foron especialmente cruentos os [[progromopogrom]]s de xuño de [[1391]]: en Sevilla foron asasinados centos de xudeus, e destruíuse completamente a ''aljama''<ref name=n1>Kamen, Henry: ''La Inquisición Española''; p. 17.</ref>, e noutras cidades, como [[Córdoba, España|Córdoba]], Valencia ou Barcelona as vítimas foron igualmente moi elevadas<ref name=n2>Kamen ofrece cifras aproximadas para as vítimas de Valencia (250) e Barcelona (400). Non ofrece datos concretos sobre Córdoba (Kamen, ''op. cit.'', p. 17)</ref>.
 
Unha das consecuencias destes disturbios foi a conversión masiva de xudeus. Antes desta data, os conversos eran escasos e a penas tiñan relevancia social. Dende o [[século XV]] pode falarse de xudeus conversos, tamén chamados "novos cristiáns", coma un novo grupo social, visto con receo tanto por xudeus coma por cristiáns. Converténdose, os xudeus non só fuxían das persecucións, senón que lograban acceder a numerosos oficios e postos que lles estaban sendo prohibidos por novas normas, que aplicaban severas restricións contra eles. Foron moitos os conversos que acadaron unha importante posición na España do XV. Conversos eran, entre outros, os médicos [[Andrés Laguna]] e [[Francisco López Villalobos]], médico da corte de Fernando o Católico; os escritores [[Juan del Enzina]], [[Juan de Mena]], [[Diego de Valera]] e [[Alfonso Palencia]] e os banqueiros [[Luis de Santángel]] e [[Gabriel Sánchez]], que financiaron a viaxe de [[Cristovo Colón]]. Os conversos -non sen oposición- chegaron a escalar postos relevantes na xerarquía eclesiástica, converténdose ás veces en severos detractores do xudaísmo<ref name=n3>Foron notables casos coma os do bispo Pablo de Santa María, autor de ''Scrutinium Scripturarum'', de Jerónimo de Santa Fe ''(Hebraeomastix)'' e de Pedro de la Caballería ''(Zelus Christi contra Judaeos)''. Os tres eran conversos. (Kamen, ''op. cit.'', p. 39).</ref>. Incluso algúns foron ennoblecidos, e no [[século XVI]] varios opúsculos pretendían demostrar que case tódolos nobles de España tiñan ascendencia xudía<ref name=n4>Destacan dous libelos do XVI: o ''Libro verde de Aragón'' e o ''Tizón de la nobleza de España'' (citados en Kamen, ''op. cit.'' p. 38).</ref>. A revolta de [[Pedro Sarmiento]] ([[Toledo]], [[1449]]) tivo como principal elemento mobilizador o receo dos cristiáns vellos cara os cristiáns novos, substanciado nos [[estatutos de limpeza de sangue]] que se estenderon por multitude de institucións, prohibíndolles o seu acceso.