Leonor de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 28:
Á morte de [[Henrique II de Inglaterra]] o [[6 de xullo]] de [[1189]], Leonor foi liberada por orde do novo rei, o seu fillo [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo Corazón de León]]. Viaxou por toda [[Inglaterra]] e liberou os prisioneiros do antigo rei ós que mandou xurar fidelidade a [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo]]. Ela gobernou no seu nome ata comezos de [[1191]]<ref>Labande,p. 96</ref>. Cando Ricardo partiu á [[Terra Santa]] durante a [[Terceira Cruzada]], Leonor vai buscar a [[Berenguela de Navarra]] e condúcea, en pleno inverno, ata [[Messine]] onde Ricardo se dirixía para partir cara a [[Terra Santa]]<ref>Labande, p. 96-98</ref>. Acadárono o [[30 de marzo]] e a voda celebrouse o [[16 de maio]].
 
Cando [[Ricardo Corazón de León]] voltabavolvía da cruzada, foi capturado en [[Austria]]. Leonor indignada pola falta de reacción por parte do Papa (quen protexía normalmente os cruzados), escríbelle para recriminarlle a súa actitude e pedirlle axuda para rescatar o seu fillo. Ela mesma foi quen entregou o rescate a [[Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], fillo de [[Federico Barbaroxa]] no inverno de [[1193]].<ref>Labande, p. 100-104</ref>.
 
No [[1200]], con oitenta anos, da mostras dunha gran fortaleza cando decide viaxar cara a [[Castela - Castilla|Castela]], cruzando os [[Pirineos]] para escoller entre as súas netas, as infantas de Castela - fillas da súa filla Leonor e de [[Afonso VIII de Castela]]- a que sería a esposa do fillo de [[Filipe II de Francia]], o futuro [[Luís VIII de Francia|Luís VIII]]. A escollida foi [[Branca de Castela|Branca]], unha das máis célebres raíñas de [[Francia]], rexente do reino en tres ocasións e modelo de virtude e habilidade política.