Conservación e restauración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
Pódese falar de conservación-restauración dos bens culturais dende a antigüidade ata a época contemporánea, pero dende un punto de vista teórico máis preciso son fundamentais os séculos XIX e XX, cando se definen as cartas internacionais que regulan o funcionamento da disciplina. O ámbito de estudo abarca todo tipo de bens culturais en tódalas súas vertentes, aínda que a tradición habitual ata o de agora implica que a conservación-restauración estea centrada sobre todo nos bens culturais materias de tipo moble, principalmente (escultóricos, pictóricos, arqueolóxicos, documentais, fílmicos e fotográficos, musicais. etc.).
 
== MétodoloxíaMetodoloxía ==
 
A conservación-restauración centra o seu esforzo, nun primeiro momento, na diagnose dos factores e procesos de alteración dos bens culturais. É fundamental a colaboración interdisciplinar coas numerosas ciencias auxiliares. Os factores de alteración poden ser biolóxicos, químicos, antrópicos, etc. A intervención sobre os bens culturais, tras unha primeira fase de análise, pode dividirse en dous tipos fundamentais: conservación preventiva e conservación activa.