Diferenzas entre revisións de «Facultade de Informática da Coruña»

m
 
No ano [[1993]] inaugurouse o actual edificio e en [[1994]] chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión. Nesta etapa xorde o acrónimo "FIC" proposto polos estudantes para identificar á Facultade de Informática da Coruña.
 
No [[2006]], sendo decano [[Alberto Valderruten Vidal]] e vicedecano de Relacións coa Industria [[Víctor Gulías | Víctor M. Gulías]], a Facultade propón a creación dun punto de encontro entre a universidade e a empresa que se materializa coa posta en marcha un ano máis tarde do [[CITIC]], no que conflúen os departamentos de I+D de empresas do sector TIC cos grupos de investigación da [[UDC]] nun edificio do Parque Tecnolóxico próximo á FIC.
 
A implantación do [[Espazo Europeo de Educación Superior]] determinou que as antigas titulacións deran paso no curso [[2010]]/[[2011]] ós novos títulos de grao e mestrado, proceso que ten lugar durante o mandato coma reitor do ex-decano da Facultade [[José María Barja Pérez]] e que comezara coa implantación do Mestrado en Informática en [[2006]], transformándose no Mestrado Universitario en Enxeñería de Sistemas Informáticos en [[2009]], e culminando coa implantación do título de Grado en Enxeñería Informática un ano máis tarde.
104

edicións