Avelino Barrio López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Avelino Barrio López''', nado en Toiriz (Vila de Cruces) o 3 de xullo de 1885 e finado en Bos Aires o 6 de agosto de 1959, f..."
 
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Era fillo do xastre Manuel Barrio. Con tres anos a familia emigra a [[Arxentina]] e instálase en [[Bos Aires]]. Ingresou na Facultade de Ciencias Médicas, doutorándose en [[1910]]. Ese ano empezou a exercer como médico interno do Hospital Muñiz. Cando en 1911 o [[Centro GalegoGallego de BosBuenos Aires]] se transformou en Sociedad Benéfico Mutualista, Avelino Barrio foi designado para encargarse dos consultorios médicos e despois converteuse no Director médico do Centro. Formou parte da Comisión do Departamento Nacional de Higiene da República Arxentina. En [[1920]], comisionado polo Departamento Nacional de Higiene, realizou unha viaxe por Europa, na que visitou Galicia. En [[1929]] foi nomeado académico correspondente da [[Real Academia Galega]]. Socio da Institución Cultural Española, en [[1954]] foi elixido presidente da mesma. Foi condecorado coas insignias da Orde de Afonso X O Sabio, no segundo grao de Comendador, polo embaixador de España en Arxentina en [[1958]].
 
Foi pai do tamén médico e herpetologo [[Avelino Barrio Pérez]].