Sublimación (física): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q131800
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''sublimación''' (do [[Lingua latina|latín]], ''sublimāre'') é o proceso físico que consiste no [[cambio de estado]] da materia dende o estado [[sólido]] ó estado [[gas]]oso, sen pasar polo estado [[líquido]]. O proceso inverso, o paso directo dende o estado gasoso ó estado sólido, ás veces tamén recibe o nome de sublimación, pero é máis apropiado referirse a esa transición como '''sublimación regresiva''' ou '''sublimación inversa'''.
 
Exemplos clásicos de sublimación preséntanos os cristais de [[ iodo]] e o [[xeo seco]].
 
==O ciclo da auga e a sublimación==
 
Xa na antigüidade era coñecido polos gregos e os chineses, que a auga podía presentarse en tres estados: como xeo, como auga líquida e como vapor de auga.
A auga da superficie terrestre pasa como vapor á atmosfera e volve ás súas fases líquida e sólida a través de lasdas diversas formas de precipitación. A auga pasa ó estado de vapor, no só por evaporación directa senón tamén por sublimación (paso directo da auga sólida a vapor de auga).
 
==O fenómeno da sublimación progresiva==
 
Os sólidos teñen [[presión de vapor|presións de vapor]] características, que cambian coa temperatura como sucede cos líquidos. Aumentando a [[temperatura]], aumenta tamén a presión de vapor do sólido.
Se collemos un sólido e o metemos nun recipiente pechado a unha temperatura inferior á temperatura de fusión parte de ese sólido pasará ó estado gasoso, ata que a presión do gas acade o valor correspondente a presión de vapor dese sólido a esa temperatura. Se a presión de vapor correspondente é moi elevada será relativamente elevada a fracción de sólido que pasa a gas, e esa fracción será maior canto maior sexa a temperatura xa que a maior temperatura maior presión de vapor. Se o recipiente está aberto e a presión de vapor do sólido a esa temperatura é elevada, o sólido sublima na súa totalidade. Unha porción de xeo seco, situado sobre unha mesa a temperatura ambiente desaparecerá ó cabo dun certo tempo. O mesmo lle ocorrería a uns cristais de iodo.
Liña 18 ⟶ 16:
 
==O fenómeno da sublimación regresiva ou inversa==
 
É o proceso inverso ó da sublimación progresiva. Por exemplo, cando se producen vapores ó quentar cristais de iodo e logo se pon sobre eles un obxecto frío, os vapores transfórmanse novamente en cristais de iodo.
Algunhas frías noites de inverno apreciase a sublimación regresiva do vapor de auga presente no aire dando lugar a iscarcha.