Edward Gibbon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
+ dato desde en:wiki
Liña 1:
[[Ficheiro:Edward Emily Gibbon.jpg|miniatura|Edward Gibbon.]]
 
'''Edward Emily Gibbon''', (nado en [[Putney]] o [[8 de maio]] de [[1737]] e finado en [[Londres]] o [[16 de xaneiro]] de [[1794]]) foi un [[Historiografía|historiador]] [[Reino Unido|británico]], considerado como o primeiro historiador moderno, e un dos historiadores máis influentes de todos os tempos.<ref>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/233161/Edward-Gibbon#ref=ref278587&tab=activechecked%2Citemschecked&title=Edward%20Gibbon%20--%20Britannica%20Online%20Encyclopedia Edward Gibbon na Encyclopaedia Britannica]</ref><ref>A finais do s. XIX, o biógrafo [[Sir Leslie Stephen]] [http://arquive.org/stream/dictionaryofnati21stepuoft#page/255/mode/1up "Gibbon, Edward (1737-1794)," ''Dictionary of National Biography'', vol. 21, p. 255 (Londres, 1890)], apuntou a reputación de ''The History''<nowiki>'</nowiki> como a dunha obra de erudición inigualábel, algo que o ámbito académico recoñece tan válido entón como na actualidade:
<blockquote>
''As críticas vertidas sobre o seu libro (...) son case unánimes. En precisión, meticulosidade, lucidez, e en abarcar de forma extensiva tan vasto tema, a Historia é insuperábel. É o único libro de Historia escrito en inglés que pode considerarse como definitivo. (...) Malia os seus defectos, o libro é á vez artisticamente impoñente e historicamente irreprochábel como un vasto panorama dun período inmensamente longo.''</blockquote></ref>
A súa obra magna, ''The History of the Decline and Fall of the Roman Empire'' (''[[Historia da decadencia e caída do Imperio romano]]''), publicada entre [[1776]] e [[1788]], é un traballo fundamental cuxa influencia perdura ata hoxe en día, non só para comprender a evolución historiográfica sobre este tema —que non o estado da cuestión, dado que a obra está, loxicamente, desfasada—, senón tamén como sólido fito metodolóxico no estudo histórico.
 
== Vida ==
==Traxectoria==
=== Primeiros anos ===
Naceu en [[Putney]], daquela unha cidade xunto ao [[río Támesis]], preto de [[Londres]], Inglaterra. O seu avó fixera e perdera a fortuna familiar na [[burbulla dos mares do Sur]]. Gibbon era fillo único, e nas súas memorias descríbese a si mesmo como un "raparigo enfermizo". A súa nai morreu cando el contaba con dez anos, e a súa crianza e coidado correu a cargo da súa tía Catherine Porten. Asistiu ao Kingston Grammar School, residindo na casa da súa favorita "Aunt Kitty", seguida de Westminster School. Aos 14 o seu pai enviouno ao Magdalen College da [[Universidade de Oxford]].