Historia da lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎SÉCULOS XV: corr. mistake
Liña 21:
 
* '''Linguas preceltas ou [[Lingua protocéltica|protoceltas]]'''. Desprazáronse á península, aproximadamente polo ano 800 a.C., pobos do centro e norte de Europa coñecidos cos nomes de ligures, ambro-ilirios ou tamén como paraceltas ou protoceltas. Algúns dos restos que deixaron no galego son os topónimos co sufixo -asc- e -usc- (''Viascón, Tarascón, Velasco, Ledusco.''..), xunto con ''cabana, canastro, cabazo, cabaceira, páramo''...
* '''[[Linguas celtas]]'''. Houbo dúas emigracións de pobos celtas, unha de celtas goidélicos no século VIII a.C. (un celta arcaico que orixinará o [[irlandés]], o [[lingua escocesa|escocés]] e o [[manés]]) e unha segunda de celtas britónicos no século V a.C. (un celta que orixinará o [[lingua galesa|galés]], o [[lingua bretoa|bretón]] e ao [[lingua de Cornuallacórnica|córnico]]). Foi especialmente a segunda onda a que se impuxo política e lingüisticamente á poboación autóctona, manténdose unha relativa unidade cultural até a chegada dos romanos.
 
As palabras tomáronse ás veces directamente do celta, como foron ''beizo, laxe, lousa, lama, boroa, croio / coio, bico, berro, bosta, billa, berce, bugallo, centola, seara, bágoa, vasoira, colmo (=palla), gancho, braña, virar, alpendre, touciño, tona''... Noutras ocasións, debido ao duradeiro contacto entre celtas e romanos, incorporáronse ao latín: ''camisa, braga, cabalo, carro, cervexa''... E tamén foi na [[toponimia]] onde temos herdanza léxica deixada polos celtas: a terminación -obre ou -robe ([[Landrove]], [[Lestrobe]], [[O Grove]], [[Barallobre]], [[Illobre, Vedra|Illobre]], [[Anzobre]], [[Callobre]], [[Canzobre]], [[Montrobe]], [[Tiobre]], [[Pantiñobre]]: véxase o artigo sobre [[topónimos galegos en -obre]]), o sufixo -brica ou -briga, que significa fortaleza ([[Brigantium]], [[Bergantiños]], [[Coimbra]]...). Así mesmo, hai numerosos [[hidrónimo|hidrónimos]] de orixe celta, como ''Deva'' (=auga), [[Río Limia|Limia]] (=fluír), [[Río Sar|Sar]] (=fluír torrencialmente), [[río Sarela|Sarela]]...<ref>ESPIÑO, M. e SÁNCHEZ H., Aprender palabras e significados, Vía láctea, 1990, páx. 27</ref>