Cinetoplástidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
[[Bodonida]]
}}
Os '''cinetoplástidos''' ou '''Kinetoplastida''' ('''Kinetoplastea''' noutras clasificacións) son un grupo de [[protozoo]]s [[flaxelado]]s, nos que se inclúen varias especies [[parasito|parasitas]] responsables de causar graves enfermidades en humanos e outros animais, pero tamén varias formas que se encontran no solochan e ambientes acuáticos. Son membros do [[filo]] [[Euglenozoa]] e a súa principal característica distintiva é a posesión de [[cinetoplasto]]s, un gránulo que contén [[ADN]] localizado dentro da súa única [[mitocondria]], asociado coa base do flaxelo da célula (o [[corpo basal]]).
 
Os cinetoplástidos foron orixinalmente definidos por Honigberg en 1961 como a orde de flaxelados Kinetoplastida.<ref>{{cite book|author=Honigberg, B. M.|year=1963|chapter=A contribution to systematics of the non-pigmented flagellates.|editor=Ludvík, J., Lom, J., Vávra, J. (eds.)|title=Progress in Protozoology: proceedings of the first International Congress on protozoology held at Prague|publisher=Academic Press}}</ref> Divídense trradicionalmente en biflaxelados ([[Bodonidae]]) e uniflaxelados ([[Trypanosomatidae]]); os primeiros parecen ser [[parafilético]]s dos últimos. Unha familia de cinetoplástidos, os [[tripanosomátido]]s, é notable porque inclúe varios xéneros que son exclusivamente parasitos, como os [[tripanosoma]]s causantes da [[tripanosomiase africana|enfermidade do sono]]. O xénero ''[[Bodo]]'' é típico dos cinetoplástidos e comprende varias especies de vida libre comúns que se alimentan de [[bacteria]]s. Outros exemplos importantes son ''[[Cryptobia]]'' e o parasito ''[[Leishmania]]''.