Tripanosomátidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 40:
*'''Amastigote''' (leishmanial).<ref name="Hoare1966">{{cite journal | title = Developmental Stages of Trypanosomatid Flagellates: a New Terminology | journal = Nature | year = 1966 | last = Hoare | volume = 212 | pages = 1385–6 | doi=10.1038/2121385a0 | issue=5068}}</ref> Os amastigotes son unha morfoloxía común durante un estadio do ciclo de vida intracelular en hóspedes mamíferos. Todas as ''Leishmania'' teñen un estadio amastigote no seu ciclo de vida. Os amastigotes de ''Leishmania'' son especialmente pequenos e están entre as células eucarióticas máis pequenas. O flaxelo é moi curto, e proxéctase só lixeiramente máis alá do peto flaxelar.
 
*'''Promastigote''' (leptomónada).<ref name="Hoare1966" /> A forma promastigote é unha morfoloxía común nos hóspedes insectos. O flaxelo está en posición anterior con respecto ao núcleo e o flaxelo non está unido ao corpo celular (só á membrana polo [[corpo basal]] flaxelar). O [[cinetoplasto]] está localizado en fronte do núcleo, preto do extremo anterior do corpo celular.
 
*'''Epimastigote''' (crithidial).<ref name="Hoare1966" /> Os epimastigotes son unha forma común nos hóspedes insectos. ''[[Crithidia]]'' e ''[[Blastocrithidia]]'', ambos os dous parasitos de insectos, presentan esta forma durante os seus ciclos vitais. O flaxelo sae da célula por diante do núcleo e está conectado co corpo celular en parte da súa lonxitude por medio dunha membrana ondulante. O cinetoplasto está localizado entre o núcleo e o extremo anterior.