Banda Municipal de Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
mSen resumo de edición
Liña 43:
 
=== Recuperación e nova formación ===
Pasaron 8 anos ata que de novo unha formación levase o nome de [[Silleda]] por toda [[Galicia]]. Foi en [[1985]] cando botou a andar de novo a banda. Pero habería que remontarse ao [[14 de outubro]] de [[1984]], cando tres músicos acordaron, na [[Festa da castaña de Breixa|Festa da Castaña]] en [[Breixa, Silleda|Breixa]], xuntar de novo aos músicos que no seu momento formaran a banda. Entre estes tres músicos atopábase Félix Tomé Fernández, flautista da antiga formación e retornado da emigración, que puxo todo o seu empeño por rescatar a agrupación e xunto con Aurelio Cuiña Vence, coñecido como Lito de Cuiña, membro da empresa Cuiña, darlle o impulso necesario para conseguir o seu obxectivo. Músicos das bandas de Bermés, [[Banda de música de Mato1MatoMato|Mato]] e [[Banda de música de Vilatuxe|Vilatuxe]] e da formación desaparecida acudironn á súa chamada e comezaron os ensaios o [[26 de xaneiro]] de [[1985]], tendo como local os antigos galpóns da [[Semana Verde de Galicia| Semana Verde]] de Silleda. Baixo a batuta de José Fernández García, procedente de Bermés, os 26 integrantes, entre os que destacaron o percusionista Remigio Montoto e o clarinetista José Suárez (no momento da formación ambos na [[Banda de música de Lalín|banda de Lalín]]), o bombardinista Jesús Ferreiro, o tuba Manuel Montoto (retornado da [[Banda Artística de Merza|Artística de Merza]]) e o tamén clarinetista Luis Pardo, entre outros, comezaron a actuar en [[maio]] dese mesmo ano co gallo da celebración da Semana Verde, onde tocaron 5 días. Festas como [[Saídres, Silleda|Saídres]], Silleda ou O Castro serviron como escaparate da nova formación. Nos anos seguintes comezou a gañar de novo popularidade, superando as 50 actuacións por toda Galicia. Subvencionada pola Fundación Semana Verde, pasa a selo en [[1989]] polo Concello de Silleda. Nesta mesma data tomou as rendas da formación o xoven músico Manuel Molinos, trompetista e profesor de conservatorio, actualmente director da Banda de [[Noia]] e da Coral Polifónica Trasdeza de Silleda. Coa batuta nas súas mans, a Banda acada un promedio de 75 a 80 actuacións por ano no bienio [[1990]]-[[1992]]. En [[1994]] asumiu a dirección José Ángel Presa Carrera e tras el pasaron pola dirección Javier Viceiro Filgueira ([[1997]]), o [[Valencia - València|valenciano]] Octavio Más Arocas ([[1999]]) e José Luis Represas Carrera ([[2004]]), ata o actual director, o [[Alacant|alacantino]] Rafael Agulló Albors, que dirixe a formación desde [[2006]].
 
No ano [[2013]], co gallo do 125º aniversario da súa fundación, a agrupación organiza unha serie de actividades ao longo do ano, como concertos, exposicións de fotos, ademais da presentación dun libro sobre a súa historia<ref>[http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/03/03/banda-silleda-programa-actividades-meses-125-aniversario/767335.html Faro de Vigo 03/03/2013]</ref>