Wikipedia:Criterios de notoriedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
adaptación inicial de es.wiki
 
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 2:
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
Aínda que Wikipedia non ten as limitacións de espazo dunha enciclopedia de papel, isto non significa que calquera tema sexa relevante ou teña interese enciclopédico ou que un artigo non deba axustarse a normas mínimas de redacción e estilo. Sobre os temas existe unha [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é|política de cumprimento obrigado]] e sobre a redacción e o estilo existe un [[Wikipedia:Manual de estilo|manual de estilo]]. Con todo, cando non foi posible avaliar de forma clara se un artigo cumpre estas políticas, debe ser clasificado dentro dos ''artigos sen relevancia aparente'', o que permite o mantemento programado da enciclopedia.
 
Existen motivos diversos polos que un artigo pode ser incluído na categoría «sen relevancia aparente», aínda que sempre a base é que non foi posible avaliar de forma clara o seu contido ou a intención de desenvolver o tema, e é necesario, por tanto, que o artigo pase ao mantemento programado como forma de que, eventualmente, sexa borrado de Wikipedia. Por outra banda, naqueles casos onde é claro que o artigo debe ser borrado debe usarse o modelo {{tl|lixo}}.
Liña 9:
Se un '''tema''' recibiu unha cobertura significativa de fontes fiables que sexan independentes da materia, suponse que é relevante.
 
* ''«Cobertura significativa»'' significa que as fontes tratan o tema directamente en detalle, e [[Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria|non se necesitan investigacións orixinais]] para extraer o contido. Esta cobertura ten que proporcionar suficiente información para escribir un artigo [[Wikipedia:VerificabilidadVerificabilidade|verificable]], aínda que sexa breve.
* ''«Fontes»'', definidas en Wikipedia como [[Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria#Fontes primarias, secundarias e terciarias|fontes secundarias]], proporcionan a evidencia máis obxectiva da relevancia. O número e a natureza das [[WP:FF|fontes fiables]] necesarias varía dependendo da profundidade da cobertura e a calidade das fontes. Xeralmente prefírense múltiples fontes.
* ''«Fiables»'' significa que as fontes necesitan integridade editorial para permitir a avaliación [[Wikipedia:VerificabilidadVerificabilidade|verificable]] da relevancia. As fontes poden abarcar obras [[Publicación periódica|publicadas]] en todas as formas e medios. A dispoñibilidade de fontes secundarias que cobren a materia é un bo test da relevancia.
* ''«Independentes da materia»'' exclúe obras producidas por aqueles afiliados co tema incluíndo (pero non limitado a): autopromoción, publicidade, material autopublicado polo tema, autobiografías, notas de prensa, etc.
* ''«Suponse»'' significa que a cobertura substancial en fontes fiables establece unha suposición, non unha garantía, de relevancia. Os editores poden chegar a un consenso de que aínda que un tema cumpre este criterio, non é apropiada a súa inclusión. Por exemplo, pode violar [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é|o que Wikipedia non é]].
 
Un tema para o que este criterio se considerase cumprido por consenso, é normalmente digno de mención, e satisfai un dos criterios para ter un artigo propio na enciclopedia. Os feitos verificables e o contido non apoiado por múltiples fontes independentes poden ser apropiados para a inclusión dentro doutro artigo.
Liña 19:
== Que se espera do autor do artigo ==
 
Se atopas que un artigo da túa autoría foi incluído nesta categoría, nunca quites por ti mesmo o aviso de «irrelevante». Espera a que quen colocou o aviso no artigo ou outro wikipedista alleo á discusión o faga por ti. Asegúrate de comprender [[AxudaWikipedia:Introdución|como se realizan os primeiros pasos]] e verifica que cumpra as políticas de Wikipedia, aínda que tamén pode suceder que as dúbidas proveñan da relevancia do tema e se espere que actúes neste aspecto.
 
=== Argumenta sobre a súa relevancia ===
Liña 45:
*Se o artigo non foi defendido nin mellorado por un período dun mes, considerarase probada a súa irrelevancia e procederase ao borrado inmediato.
 
*Se o artigo foi defendido ou mellorado e aínda así quen colocou o aviso de irrelevante, ou outro wikipedista, non quedou convencido da súa relevancia, colocará unha [[Wikipedia:ConsultasVotacións depara borradoborrar|consulta de borrado]], para que outros wikipedistas determinen se o artigo ten cabida ou non en Wikipedia.
 
'''Observación:''' Unha consulta de borrado non é un borrado. Durante a consulta de borrado os wikipedistas poden expor as súas opinións durante os seguintes catorce días e argumentar a favor ou en contra de borrar o artigo. Durante ese período o artigo pode seguir sendo mellorado.
Liña 56:
 
[[Categoría:Wikipedia:Políticas e normas]]
 
[[es:Wikipedia:Artículos sin relevancia aparente]]