Aparato circulatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 31:
=== División en circuítos ===
No organismo humano hai dous tipos de circulación:
* '''Circulación maior''', '''somática''' ou '''xeral''': o percorrido do sangue comeza no [[ventrículo (cardíaco)|ventrículo esquerdo]] do corazón, cargado de [[Osíxeno molecular|osíxeno]], e esténdese pola arteria [[aorta]] e as súas ramas [[arteria]]is ata o [[sistema capilar]], onde se forman as [[vea]]s que conteñen sangue pobre en osíxeno. Desembocan nunha das dúas [[vea cava|veas cavas]] (superior e inferior) que drenan na [[aurícula|aurícula dereita]] do corazón.
* '''Circulación menor''', '''pulmonar''' ou '''central''': o sangue pobre en osíxeno parte desde o ventrículo dereito do corazón pola [[arteria pulmonar]] que se bifurca en cadanseu tronco para cada un de ambos [[pulmón]]s. Nos capilares alveolares pulmonares o sangue osixénase a través dun proceso coñecido como [[hematose]] e recondúcese polas catro veas pulmonares que drenan o sangue rico en osíxeno, na aurícula esquerda do corazón.
* '''Circulación portal''': é un subtipo da circulación xeral orixinado de veas procedentes dun sistema capilar, que volve formar capilares no [[fígado]], ó final do seu traxecto. Existen dous sistemas porta no corpo humano: