Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 41:
*Bispo emérito é o título que se lles da aos bispos retirados nunha diocese. Nalgunhas denominacións cristiás teñen certas tarefas pastorais, sempre baixo a autoridade do bispo diocesano. Na Igrexa Católica isto non sucede.
 
*[[Cardeal (relixión)|Cardeal]]: na Igrexa Católica, os cardeais son membros do clero nomeados polo [[Papa]] para formar parte do [[Colexio Cardenalicio]], corpo encargado de elixir ao Papa, aínda que a partir dos 80 anos os cardeais perden os dereitos de elección. Os cardeais tamén serven como conselleiros do Papa e teñen postos de autoridade dentro da Igrexa. Segundo o dereito canónico vixente, un home nomeado cardeal debe aceptar a súa ordenación como bispo se non o é, aínda que a maioría dos cardeais xa son bispos cando son nomeados, e a maioría deles son arcebispos de arquidioceses importantes ou patriarcas. Nos últimos tempos, os papas nomearon a algúns sacerdotes, moitos deles teólogos, como cardeais, sen que recibisen a ordenación episcopal. Porén, como eran de máis de 80 anos, non podían participar no [[cónclave papal]].
 
====Deberes====
[[File:Confirmation VanderWeyden.png|thumb|left|Bispo administrando o [[sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Confirmación (sacramento)|Confirmación.]], por [[Rogier van der Weyden]].]]
 
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], na [[Igrexa Ortodoxa]] e na [[Comuñón Anglicana]], só os bispos poden ordenar bispos, [[sacerdote]]s e [[diácono]]s.