Diferenzas entre revisións de «Eugène Viollet-le-Duc»

m (Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q272912)
 
== Teoría da restauración ==
Na súa teoría defende que o [[conservador-restaurador|restaurador]] debe poñerse no lugar do arquitecto-creador primitivo, entendendo o espírito da obra e aplicalo á reconstrución da mesma. Trata de volver ó edificio a súa forma orixinal (''forma prístina''), ou como el entende que debeu ser, posto que afirma que a partir das partes que aínda existen é posible reconstruír o total, por pura coherencia do estilo.
 
A súas intervencións sobre diversos monumentos franceses caracterizáronse sempre pola primacía do estilo [[arquitectura gótica|gótico]], considerado por Viollet superior dende o punto de vista técnico e estético.
A chamada ''unidade de estilo'' buscaba resaltar os aspectos medievais do edificio tratado, isto obrigaba a eliminar ou alterar os elementos "inferiores" ou secundarios engadidos con posterioridade nos momentos [[Renacemento|renacentista]], [[barroco]] ou [[Neoclasicismo|neoclásico]]. En certas ocasións as intervencións de Viollet provocaron a desaparición de interesantes engadidos de gran calidade e valor histórico artístico, causando a ruptura do proceso vital da obra artística.
 
Viollet-le-Duc é unha figura oposta, no tocante as ideas, a [[John Ruskin]] que defende a [[conservación e restauración|conservación]] fronte á restauración.
 
== Obras destacadas ==
196

edicións