Mexicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Rmb (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=abril de 2013}}
{{Illado}}
[[Ficheiro:Boturini Codex (folio 4).JPG|miniatura|Imaxe do folio 4 do '''Códice Boturini''' (tira da Peregrinación): ''Huitzilopochtli dilles ós Aztecas que comezarán a chamarse Mexicas.'']]
==A civilización Mexica==
 
Os '''Mexicas''',eran unha tribo nómada e atlacachichimeca, é dicir, "pescadores e cazadores". Non temos moita información do itinerario que habían seguido hasta que chegaron as inmediacions de ''San Juan do Río'', onde xa atopamos mais información é a súa chegada ó ''Val de México''. Segundo o Códice Boturini ou “[http://es.wikipedia.org/wiki/Tira_de_la_Peregrinaci%C3%B3n Tira da Peregrinación]”, veñen dos antigos Aztecas, pero empezan a denominarse '''Mexicas''' cando o deus tutelar ''Huitzilopochtli'' dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara un novo asentamento, momento que deixarían de chamarse ''Aztecas'' (tribo procedente de [[Aztlán]], de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse '''Mexicas''', cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados según a [[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]: o deus ''Huitzilopochtli'' ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade [[Tenochtitlán|''México-Tenochtitlan'']].
 
==A cosmogonía Mexica==
 
Non só cambiaron o seu nome senón tamén algunhas das súas crenzas. As ideas cosmogónicas dos mexicas explicaban o orixe do mundo e dos homes por medio de ''Ometéotl'', deidade dobre integrada por ''Ometecuhtli'' o señor dous e ''Omecíhuatl'' a señora dous, parella creadora do universo e do xénero humano que radicaba no ''Omeyoca''; xunto a estas deidades houbo outra parella ''Tonacatecuhtli'' e ''Tonacacíhuatl'', señor e señora encargados de alimentar a humanidade; unha terceira parella importante de deuses relacionados coa existencia da humanidade foron ''Intonan'' e ''Intota'', madre e pai dos homes.
Había outras deidades maiores como ''Yohualli'' e ''Enecatl'', o invisible e impalpable; ''Moyocoyani'' creador de si mesmo; a parella ''Tezcatlipoca'' e ''Tezcatlanextia'', que iluminan e escurecen o ceo; ''Huehueteoti'' o ''Xiuhtecuhtli'' o vello señor do fogo e da vexetación. Ademais de algunhas deidades menores como ''Xochipilli'' e ''Xochiquetzal'' deuses do amor, das flores e da primavera; ''Centéotl'' e ''Xilonen'', deuses do millo; ''Chalchiutlicue'' deusa da auga dos ríos e lagos; ''Chicomécoóatl'' deusa da fertilidade e a abundancia; así como moitas outras deidades particulares.
 
== Bibliografía ==
* R. BOLAÑOS MARTÍNEZ </small>. ''Historia, nuestro pasado : la sociedad y civilizacion de nuestro tiempo , Volumen 2''. p. 319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.
 
 
[[Categoría: Civilizacións]]
[[Categoría: Mitoloxía]]