Heavy metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
O interés polas raíces culturais, ademais de favorecer o desenrolo dun estilo musical que encadra dentro de si mesmo case que calqueira outro estilo ([[rock and roll|rock]], [[blues]], [[folk]], [[música barroca|barroco clásico]], [[Romanticismo|romántico]], etc.), tivo a inevitable consecuencia de revivir a mitoloxía europea (un tanto apagada pola influencia aplastante da nova cultura americana) asumíndoa como sinal de identitade.
 
De feito, non en van a obra de [[J.R.R. Tolkien]] ''O Señor dos aneis'' foi publicada en 1956, marcando un novo revivir da mitoloxía. É lóxico entón que influíra moitísimo dunha ou de outra maneira na ''orda heavy''. Nos mundos épicos como os de Tolkien e outros, é onde millor se poden despregar todo ese conxunto de virtudes como a honra, o deber, a ansia da paz (e a gloria nas loitas ''xustas'' en contraste coas novas armas de destrucción masiva) das que tanto carece o mundo de mediados e finais do século XX.
 
Máis en xeral as influencias literarias no metal poden abranguer dende [[H.P. Lovecraft|Lovecraft]] ata o mentado Tolkien, pasando por [[Miguel de Cervantes Saavedra|Cervantes]] ou [[William Shakespeare|Shakespeare]]. Algúns heavies seguen máis as historias épicas coma ''O Señor dos Aneis'' e outros preferen as historias de bruxas, de demos ou trasgos, ou ben historias vencelladas á Cabalística, ou ás Cruzadas... En xeral, o tono épico mestúrase cunha certa dose de pesimismo. Así, son continuas as metáforas que aluden ó apocalipse ou á morte.
 
Dende o ponto de vista social, o heavy metal presenta algúns rasgos propios, como a ansia de liberdade individual non incongruente cun certo sentido do deber cívico ou medioambiental; Outros rasgos dos heavies son comúns con calqueira colectivo minoritario que persista máis duns cantos anos, coma o forte sentimento de pertenza ou identificación co grupo. Así, dous dos temas predilectos dos grupos heavies son a Unidade e a Resistencia: algo así como estar Unidos como medio para poder seguir estando Unidos... para poder seguir sendo un mesmo.