Diferenzas entre revisións de «Laocoonte e os seus fillos»

m (Bot: Retiro 26 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q465762)
Cando foi descuberta faltábanlle os brazos dereitos de Laocoonte e dun dos seus fillos, e a man dereita do outro fillo; tamén faltaban algunhas partes das serpes. Do seu estado nese momento quedan como testemuño as copias que fixo o gravador [[Giovanni Antonio da Brescia]]: un debuxo (conservado agora en [[Düsseldorf]], [[Alemaña]]) e un gravado que contribuíu á súa rápida fama.
 
Decidiuse [[conservación e restauración|restaurar]] o grupo escultórico e houbo controversia sobre como debería ser o xesto do brazo que lle faltaba ao pai. Miguel Anxo propuxo restaurar o brazo do pai en posición de flexión; o artista chegou a realizar o devandito brazo, pero non chegou a porllo e actualmente exponse xunto ao grupo escultórico. [[Amico Aspertini]] tamén realizou un debuxo coa mesma posición do brazo, e en [[1525]], [[Baccio Bandinelli]] realizou unha copia de todo o grupo cunha posición semellante para o papa [[León X]], copia que se atopa na [[Galería dos Uffizi]] de [[Florencia - Firenze|Florencia]]. Tanto Miguel Anxo como Sangallo aconsellaron a Xullo II que adquirise a obra,<ref name=Vaticano /> quen, tras unhas breves negociacións,<ref name=Wanted /> mercou a obra por unha gran cantidade monetaria -máis de 600 [[ducado (moeda)|ducados]]. En [[1509]], Xullo II mandou trasladala ao [[Vaticano]] xunto a outras dúas esculturas, o [[Apolo de Belvedere]] e a [[Venus Felix]], instalándoas en tres [[nicho]]s do Patio Octogonal do Belvedere, que hoxe forma parte dos [[Museos Vaticanos]].<ref>{{cita web |url=http://digilander.libero.it/puntocontro/cultura/scheggedarte/giardino_belvedere.htm |título=Il Giardino do Belvedere |dataacceso=24 de setembro de 2012 |idioma=italiano}}</ref> O rei [[Francisco I de Francia]] obtivo o permiso do papa para a realización de varios [[molde]]s; para realizar a copia enviou a [[Francesco Primaticcio]], quen os fixo en [[1540]].<ref>Haskell i Penny, ''Pour l'amour de l'antique'', pp. 15-16.</ref> Estes moldes serviron para facer unha escultura de [[bronce]] que foi instalada no [[Palacio de Fontainebleau]].<ref>Bresc-Bautier, ''La Escultura, Siglos XVI-XVII. El Manierismo'', páx. 103.</ref><ref name=Wanted />
 
[[Ficheiro:Antikensammlung Mannheim Laokoon.jpg|thumb|right|220px|Copia, en [[Mannheim]], do grupo tal e como estaban representados os brazos engadidos antes da derradeira restauración.]]
196

edicións