Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 68:
Existen dous tipos de respostas das células T axudantes CD4+ efectoras que poden ser inducidas polas células presentadoras de antíxenos, denominadas Th1 e Th2, que se utilizan para eliminar distintos tipos de patóxenos. Os factores que determinan se unha infección desencadeará unha resposta de tipo Th1 ou Th2 non se comprenden totalmente, pero a resposta xerada xoga un importante papel na eliminación de diferentes patóxenos.<ref name=Janeway/>
 
A resposta Th1 está caracterizada pola produción de [[interferón-gamma]], o cal activa as actividades bactericidas dos [[macrófago]]s, e induce ás células B a produciren anticorpos [[opsonización|opsonizantes]] (que cobren as células) e que fixan o [[sistema do complemento|complemento]], e ten lugar unha "[[inmunidade mediada por células]]".<ref name=Janeway/> A resposta Th2 caracterízase pola liberación de [[IL-4|Interleucina 4]] (IL-4), o cal ten como resultado a activación das células B para que produzan anticorpos non citolíticos neutralizantes, que realizan unha "[[inmunidade humoral]]".<ref name=Janeway/> Xeralmente, as respostas Th1 son máis efectivas contra os patóxenos intracelulares ([[virus]] e [[bacteria]]s que están no interior das células do [[hóspede]]), mentres que as respostas Th2 son máis efectivas contra bacterias extracelulares, parasitos como helmintos (vermes) e [[toxina]]s.<ref name=Janeway/> Igual ca as células T citotóxicas, a maioría das células T axudantes [[CD4]]+ morren unha vez que se resolveu a infección, quedando só unhas poucas [[célula de memoria|células de memoria]] CD4+.
 
O [[VIH]] pode trastornar o funcionamento do sistema inmunitario ao atacar ás células T CD4+, precisamente as células que poderían levar á destrución do virus, mais tamén as células que dirixen a inmunidade contra todos os outros patóxenos cos que o organismo se pon en contacto ao longo da vida, polo que aparecen moitas infeccións oportunistas.<ref name=Janeway6/>