Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Estes mecanismos da '''inmunidade adaptativa''' contrapóñense aos da chamada '''[[inmunidade innata]]''' no sentido de que os receptores específicos para os patóxenos da inmunidade innata están codificados xa na [[liña xerminal]], mentres que os receptores específicos de patóxenos da inmunidade adquirida adquírense por medio dun proceso de expresión somática durante a vida do organismo (por exemplo forma un receptor ou un [[anticorpo]] específicos contra un antíxeno co que o corpo tivo contacto). Pode dicirse que ambos os sistemas inmunitarios son "adaptativos" no sentido fisiolóxico e evolutivo, xa que ambos os dous permiten que o organismo se adapte ás condicións externas cambiantes. Ambos os dous poden ser tamén desadaptativos no sentido de que a súa sobreactivación pode dar lugar a unha [[inflamación]] patolóxica ou a [[autoinmunidade]]. Tanto os receptores de patóxenos dos mecanismos da inmunidade innata coma da adquirida son específicos, pero esta especificidade é distinta, xa que a da innata evolucionou durante millóns de anos para facer fronte ás características moleculares moi conservadas do mundo microbiano, mentres que a especificidade da adaptativa madura en cada organismo. Por esta razón, o termo '''adquirida''' prefírese en xeral ao de '''adaptativa''' ou '''específica'''.
 
Todos os [[vertebrado]]s adquiriron na súa [[evolución]] sistemas inmunitarios. Os vertebrados [[ágnatos]] (sen mandíbula, como as [[lamprea]]s) xeraron receptores do sistema inmunitario adquirido utilizando segmentos variables baseados en repeticións ricas en leucina que se reordenaron no [[ADN]] por medio da actividade dun [[encima]] citosina desaminase. Polo contrario, os vertebrados mandibulados ([[gnatóstomos]]) xeraron receptores do sistema inmunitario adquirido utilizando segmentos variables relacionados coa familia das inmunoglobulinas reordenados no ADN por unha recombinase [[RAG (encima)|RAG]]. O sistema inmunitario adquirido actívase polo máis vello evolutivamente e “non específico” [[sistema inmunitario innato]] (que é o principal sistema de defensa contra os patóxenos de case todos os outros seres vivos non vertebrados). As respostas inmunitarias adquiridas proporcionan ao sistema inmunitario dos vertebrados a capacidade de recoñecer e lembrar patóxenos específicos (para xerar [[inmunidade (medicinaamedicina)|inmunidade]]), e para organizar un ataque máis potente cada vez que se encontre co mesmo patóxeno. É "adaptativo" no sentido de que prepara o [[sistema inmunitario]] do corpo para futuros ataques polo mesmo patóxeno. Pero é "desadaptativo" cando dá lugar a un proceso de [[autoinmune]].
 
O sistema é moi adaptable debido a que se producen [[hipermutación somática|hipermutacións somáticas]] (un proceso de [[mutación]] [[célula somática|somática]] acelerada), e [[recombinación V(D)J]] (unha [[recombinación xenética]] irreversible de segmentos dos [[xene]]s dos receptores de [[antíxeno]]s). Este mecanismo permite que un pequeno número de xenes orixine un enorme número de receptores de antíxenos diferentes, que despois se expresarán unicamente nun determinado [[linfocito]]. Como a reordenación de xenes dá lugar a un cambio irreversible no ADN de cada célula, todas células orixinadas por división da primeira herdarán os xenes que codifican a mesma especificidade de receptor, incluíndo as [[célula B de memoria|células B de memoria]] e as [[célula T de memoria|células T de memoria]] que son a chave para que exista unha inmunidade específica a longo prazo.