Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 121:
A pedra angular do sistema inmunitario é o recoñecemento do "propio" fronte ao "non propio". Por tanto, os mecanismos que protexen o [[feto]] humano (que se considera "non propio") dun ataque do sistema inmunitario, son especialmente interesantes. Aínda que non hai unha explicación completa do fenómeno, hai dúas razóns que foron aducidas clasicamente para explicar como se produce a tolerancia do feto polo organismo da nai. A primeira é que o feto ocupa unha porción do corpo protexida por unha barreira que o sistema inmunitario normalmente non patrulla, o útero e placenta.<ref name=Janeway/> A segunda é que o feto pode promover unha inmunosupresión local na nai, talvez por un proceso de depleción de nutrientes activa.<ref name=Janeway/> Explicacións máis modernas deste fenómeno de indución de [[inmunotolerancia]] é que se expresan [[glicoproteína]]s específicas no útero durante o [[embarazo]] que suprimen as respostas inmunes uterinas (como explica a hipótese [[eu-FEDS]], ''Eutherian Fetoembryonic Defense System'', Sistema de defensa fetoembriónico de euterios).
 
Durante o embarazo nos mamíferos [[vivíparo]]s (todos menos os [[Monotrema]]s), os [[retrovirus endóxeno]]s (ERVs) inseridos no [[xenoma]] son activados e prodúcense en grandes cantidades durante a implantación do [[embrión]]. Actualmente sabemos que entesestes virus teñen propiedades inmunosupresoras, o que suxire que desempeñan un papel na protección do embrión do sistema inmunitario da súa nai. Ademais, as [[proteína de fusión viral|proteínas de fusión virais]] aparentemente causan a formación do [[sincitio]] placentario<ref>{{cite journal |author=Mi S, Lee X, Li X, ''et al.'' |title=Syncytin is a captive retroviral envelope protein involved in human placental morphogenesis |journal=Nature |volume=403 |issue=6771 |pages=785–9 |year=2000 |month=Feb |pmid=10693809 |doi=10.1038/35001608 }}
</ref> para limitar o intercambio de células migratorias entre o embrión en desenvolvemento e o corpo da nai (algo que un [[epitelio]] non fai o suficientemente ben, xa que certas células sanguíneas están especializadas en introducirse entre as células epiteliais e atravesalo). Crese que a acción inmunodepresiva era o comportamento inicial normal do virus, similar ao que fai o [[VIH]], outro [[retrovirus]]. As proteínas de fusión foron un modo de espallar a infección a outras células simplemente fusionándoas coas infectadas (o VIH tamén o fai). Pénsase que os antepasados dos modernos mamíferos vivíparos evolucionaron despois de que se produciu a infección por estes virus, permitindo ao feto que sobreviva ao sistema inmunitario da nai.