Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 119:
==Inmunidade adquirida durante o embarazo==
{{VT|Inmunotolerancia no embarazo}}
A pedra angular do sistema inmunitario é o recoñecemento do "propio" fronte ao "non propio". porPor tanto, os mecanismos que protexen o [[feto]] humano (que se considera "non propio") dun ataque do sistema inmunitario, son especialmente interesantes. Aínda que non hai unha explicación completa do fenómeno, hai dúas razóns que foron aducidas clasicamente para explicar como se produce a tolerancia do feto polo organismo da nai. A primeira é que o feto ocupa unha porción do corpo protexida por unha barreira que o sistema inmunitario normalmente non patrulla, o útero e placenta.<ref name=Janeway/> A segunda é que o feto pode promover unha inmunosupresión local na nai, talvez por un proceso de depleción de nutrientes activa.<ref name=Janeway/> Explicacións máis modernas deste fenómeno de indución de [[inmunotolerancia]] é que se expresan [[glicoproteína]]s específicas no útero durante o [[embarazo]] que suprimen as respostas inmunes uterinas (como explica a hipótese [[eu-FEDS]], ''Eutherian Fetoembryonic Defense System'', Sistema de defensa fetoembriónico de euterios).
 
Durante o embarazo nos mamíferos [[vivíparo]]s (todos menos os [[Monotrema]]s), os [[retrovirus endóxeno]]s (ERVs) inseridos no [[xenoma]] son activados e prodúcense en grandes cantidades durante a implantación do [[embrión]]. Actualmente sabemos que entes virus teñen propiedades inmunosupresoras, o que suxire que desempeñan un papel na protección do embrión do sistema inmunitario da súa nai. Ademais, as [[proteína de fusión viral|proteínas de fusión virais]] aparentemente causan a formación do [[sincitio]] placentario<ref>{{cite journal |author=Mi S, Lee X, Li X, ''et al.'' |title=Syncytin is a captive retroviral envelope protein involved in human placental morphogenesis |journal=Nature |volume=403 |issue=6771 |pages=785–9 |year=2000 |month=Feb |pmid=10693809 |doi=10.1038/35001608 }}