Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 104:
Historicamente, as doenzas infecciosas foron a causa principal de morte nas poboacións humanas. No [[século XX]], desenvolvéronse dous importantes factores que axudaron a combater o seu espallamento; o [[saneamento]] e a [[inmunización]].<ref name=Janeway6/> A inmunización (mediante [[vacinación]]) é a indución deliberada dunha resposta inmune, e é a manipulación máis efectiva do sistema inmunitario que se ten ideado.<ref name=Janeway6/> As inmunizacións teñen éxito porque utilizan a especificidade natural do sistema inmunitario e a súa inducibilidade.
 
O principio que está detrás da inmunización é introducir un antíxeno, derivado dun organismo causante dunha enfermidade, que estimula o sistema inmunitario para que desenvolva unha inmunidade protectora contra ese organismo, pero quedito antíxeno non causa por si mesmo efectos patóxénicos a ese organismo. Un [[antíxeno]], defínese como calquera substancia que se une a un anticorpo específico e provoca unha resposta inmunitaria adaptativa.<ref name=Alberts/>
 
A maioría das [[vacina]]s están baseadas en virus vivos [[vacina atenuada|atenuados]], mentres que moitas vacinas bacterianas están baseadas en compoñentes [[acelular]]esacelulares dos microorganismos, como compoñentes inofensivos de [[toxina]]s.<ref name=Alberts/> Moitos antíxenos derivados de vacinas acelulares non inducen fortemente unha resposta adquirida, e a maioría das vacinas bacterianas requiren a adición de ''[[adxuvante inmunolóxico|adxuvante]]s'' que activan as [[célula presentadora de antíxenos|células presentadoras de antíxenos]] do [[sistema inmunitario innato]] para así potenciar a súa inmunoxenicidade.<ref name=Janeway6/>
 
==Diversidade inmunolóxica==