Catarina II de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
JaviP96 (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
== De princesa alemá a emperatriz rusa ==
Princesa alemá, Sofía naceu na cidade de [[Estetino]] (hoxe [[Szczecin]], en [[Polonia]]), filla do [[duque]] [[Cristiano Augusto de Anhalt-Zerbst]] e de [[Xoana Isabel Holstein-Gottorp]]. Varias descricións retratan a Sofía como unha nena curiosa e impertinente. En Febreirofebreiro de 1744, con quince anos, foi vivir a Rusia, escollida pola emperatriz - a tsarina [[Isabel Petrovna]] - como esposa do seu sobriño e herdeiro, o grande duque Pedro Fedorovitch. Sofía alterou o seu nome para Catarina cando foi admitida na [[Igrexa Ortodoxa Rusa]]. A voda tivo lugar o [[21 de agosto]] de [[1745]] en [[San Petersburgo]]. Catarina esforzouse por aprender a [[lingua rusa]] e a historia do seu novo país. O seu casamento revelouse un fracaso, debido á indiferenza e esterilidade de Pedro, incapaz de xerar o desexado herdeiro. Catarina ocupa parte considerábel do seu tempo a ler obras de [[filosofía]] e [[historia]], tendo adquirido unha grande cultura. En 1754, dá a luz un neno, o futuro [[Paulo I de Rusia|Paulo I]], frutofroito da relación que mantivo con [[Sergius Saltykov]], un militar do exército; Pedro aceptou o neno como o seu fillo lexítimo.
 
En Xaneiroxaneiro de [[1762]], a tsarina Isabel Petrovna morre, e Pedro Fedorovitch subiu ao trono co nome de [[Pedro III de Rusia|Pedro III]]. As súas políticas de aproximación a Prusia de [[Federico II de Prusia|Federico II]], a introdución no exército das violentas técnicas de adestramento militar prusianas e a súa esixencia de que os bens da Igrexa foran administrados por funcionarios leigos provocaron un descontento xeral. Ao mesmo tempo, Catarina temía que Pedro a repudiase para casar coa súa amante, [[Isabel Vorontsova]]. En Xuño do mesmo ano, [[Grigori Orlov]], o novo amante de Catarina e membro da garda imperial, liderou un levantamento que afastou a Pedro. O golpe, pacífico e apoiado por amplos sectores da sociedade, conduciu Catarina ao poder; Pedro acabaría por abdicar, tendo sido asasinado pouco tempo despois por Orlov. Catarina foi coroada emperatriz da Rusia o [[22 de setembro]] de 1762 na Catedral do [[Kremlin]] de [[Moscova]]. Sería o principio dun glorioso e autocrático reinado de trinta e cinco anos.
 
Autócrata convencida, mostrouse, entre tanto, protectora dos “[[filósofo]]s” e dos [[artista]]s [[Francia|franceses]]. Mantivo correspondencia con [[Voltaire]]. Sufocou a revolta dos [[cosaco]]s ([[1774]]), reformou a administración ([[1775]]) e encoraxou a valorización das rexións de [[Ucraína]] e do [[río Volga|Volga]]. En [[1783]] ordenou a fundación da academia rusa. No seu reinado, o territorio de [[Rusia]] creceu a expensas de [[Turquía]] ([[1787]]) e de [[Polonia]] ([[1793]] e [[1795]]). Durante o seu reinado enfrontouse ao [[Imperio Otomán]], derrotándoo en varias ocasións.