Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 42:
===Antíxenos exóxenos===
[[Ficheiro:Antigen presentation.svg|miniatura|220px|dereita|A presentación do antíxeno estimula as células T a converterse en células CD(+ citotóxicas ou células CD4+ axudantes.]]
As células dendríticas fagocitan os patóxenos exóxenos, como bacterias, parasitos ou toxinas nos tecidos e despois migran, seguindo sinais [[quimiotáctico]]s, aos [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]] ricos en células T. Durante a migración, as células dendríticas sofren un proceso de maduración na calperdencal perden a maioría da súa capacidade de fagocitar outros patóxenos e desenvolver a capacidade de comunicarse con células T. As células dendríticas usan [[encima]]s para romper o patóxeno en pequenos cachos, que son os que serán presentados como [[antíxeno]]s. No ganglio linfático, a célula dendrítica desprega estes antíxenos "non propios" na súa superficie unidos a un receptor "propio", que é unha molécula do [[complexo maior de histocompatibilidade]], ou MHC.<ref name=Janeway/> O complexo MHC:antíxeno é recoñecido polas células T que pasan polo ganglio linfático. Concretamente, os antíxenos exóxenos son normalmente presentados unidos a moléculas [[MHC de clase II]], que activan as [[célula T axudante|células T axudantes]] CD4+.<ref name=Janeway/>
 
===Antíxenos endóxenos===