Miro Casabella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q10330670
Elisardojm (conversa | contribucións)
*harpa>arpa
Liña 27:
Nos anos seguintes, Miro participou en multitude de concertos e festivais, na Galiza e en todo o [[Península Ibérica]], ademais de colaborar musicando pezas de teatro en galego e discos de historias para rapaces. A partir de [[1976]] a desaparición da censura [[franquismo|franquista]] propiciou tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.
 
En [[1977]] veu a luz o disco ''Ti, Galiza'', onde figura (con letra de [[Xosé Manuel Casado]]), ''O meu país'', unha das súas cancións máis populares. Un ano máis tarde publicouse ''Treboada'', con arranxos de [[José Mário Branco]] e a colaboración de [[Pi de la Serra]]. A composición que dá título a este segundo disco está inspirada no Cerimonial da Treboada de [[Tomiño]]. Ambos os dous traballos amosan unha peculiar mestura entre a canción de intervención social e a música tradicional, unha marca característica do autor, que ademais de inspirarse en formas populares e cantigas medievais, non desbota o emprego de outros instrumentos alén da [[guitarra]], como a [[zanfona]] ou a [[harpaarpa]].
 
A finais dos anos 70, Miro entrou en contacto co grupo [[folk]] [[DOA (grupo musical)|DOA]], que lle propuxo colaborar no que ía ser o seu primeiro traballo. O cantor incorporouse ao grupo, co que xa colaborara facendo arranxos, en labores de produción, e tamén como cantante nalgúns dos temas, aínda que a orientación do grupo seguía a ser eminentemente instrumental. A súa colaboración non foi máis alá do primeiro traballo (''O son da estrela escura'', [[1979]]) e rematou a principios dos anos 80.