Ögödei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 42 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q7519
Liña 8:
En 1230, enviou a un dos grandes xenerais do seu pai [[Chormaqan]] a completar a conquista de Persia. O fillo do [[sha]] de [[Samarcanda]], [[Jala al Din]], tentaba reconstruír en [[Irán]] o imperio do seu pai (Corasmia). Un exército mongol de preto de 50.000 homes saíu de [[Bukhara]], cruzou o río [[Amu Dayra]] e derrotou a Jala al Din. Seguidamente fíxose con [[Acerbaixán]], boa parte de [[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]] e [[Armenia]] e, tras tomar [[Kabul]], puxo a [[Afganistán]] baixo o seu dominio.
 
En 1235, enviou a un exército de 150.000 homes cara occidente. O fillo do seu irmán maior [[Batu|Batu Kan]] co mítico xeneral mongol [[Subedei]] avanzou cara o [[río Volga|Volga]] esmagando a [[búlgaros]] e [[polovtsi]]. En 1237 cruzaba o gran río e avanzaba polas estepas rusas derrotando ao Gran Duque Vladimir, facendo vasala a cidade de [[Novgodod]] e internándose vitorioso en [[Europa]]; [[Ucraína]] (toma de [[Kiev]]) [[Lituania]] e [[Polonia]] (destrución de [[Cracovia]]) caían vencidas ante un exército descoñecido capaz de facer 650 quilómetros nun mes ata o río [[Oder]], xa ás portas do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. O duque [[Henrique o Piadoso]] reuniu un poderoso exército con alemáns, checos e grandes ordes militares ([[templarios]], [[hospitalarios]] e [[teutóns]]) que foi literalmente aniquilado. A cabeza do duque foi paseada ante as murallas de [[Leignitz]] que deu nome á batalla. O rei [[Wenceslao]] de [[Chequia]] retirouse detrás dos [[Cárpatos]].
 
En [[Hungría]], o rei [[Bela IV]], a súa vez, agardaba o ataque organizando o seu exército en [[Pest, Hungría|Pest]]. En tres días, as primeiros destacamentos mongois atravesaban os Cárpatos tomando dirección cara o [[Danubio]]. Bela IV, un día despois da derrota xermano-polaca de Leignitz, caía na trampa de [[Mohi]] onde morrerían decenas de miles de guerreiros europeos, incluídos catro bispos e tres arcebispos. Ögödei sería coñecedor de que os seus exércitos arrasaban Pest, acadaban o [[Adriático]] entrementres o seu seu fillo Güyuk campaba a través de [[Transilvania]].