Diferenzas entre revisións de «Mi Tierra (Ourense)»

datiño
(datiño)
 
==Historia e características==
Subtitulada ''Revista gallega'', foi fundada por [[Xerardo Álvarez Limeses]], que exercía de xerente, e dirixida por [[Eugenio López Aydillo]]. PretendíaLogo de fracasar o proxecto de ''[[Galicia Ilustrada (Ourense)|Galicia Ilustrada]]'' (da que só apareceu o número 0), que tamén pretendía recoller a tradición de ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'', Xerardo Álvarez Limeses fundou ''Mi Tierra'', pero tampouco ten éxito pois desapareceu aos poucos números, non conseguiu pasar dun mes de vida. A súa transcendencia estivo no feito de poñer en contacto a [[Castelao]] co grupo de intelectuais ourensáns que anos máis tarde daría orixe ao [[grupo Nós]].
 
Entre os seus colaboradores estaban [[Antón del Olmet]], [[Vicente Risco]], Castelao, [[Manuel Murguía]], [[Antonio Rey Soto]], [[Fernández Mato]], [[Noriega Varela]], [[Vicente Risco]], [[Avelino Rodríguez Elías]] e [[Antón Vilar Ponte]] que asinaba co pseudónimo de Antón de Rabodegalo. Como responsable da información gráfica figuraba [[José Pacheco]].
94.131

edicións