Xoán VI Cantacuzeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 1:
[[Ficheiro:John VI Kantakouzenos.jpg|miniatura|dereita|Xoán VI Cantacuzeno]]
'''Xoán VI Cantacuzeno''' (h. [[1292]] - [[15 de xuño]] de [[1383]]), [[Lista de Emperadores Bizantinos|emperador bizantino]] de [[1347]] a [[1354]], naceu en [[Constantinopla]]. Pertence á [[Dinastía Cantacuzeno]].
==Traxectoria==
 
Relacionado coa casa dos [[Dinastía Paleólogo|Paleólogo]] pola familia da súa nai, cando [[Andrónico III Paleólogo|Andrónico III]] ascendeu ao trono en [[1328]] confióuselle o máximo poder na administración. Á morte do emperador en [[1341]], Cantacuzeno quedou como rexente de [[Xoán V Paleólogo]] que só contaba con nove anos de idade.
 
Liña 8:
A guerra civil que seguiu durou seis anos, en cuxo curso ambas partes pediron axudas externas, dos [[Serbia|serbios]] e dos [[otománs|turcos otománs]], e contrataron mercenarios de todo tipo. Pero o apoio dos turcos, con quen chegou a un desgraciado acordo, sería definitivo para que Cantacuzeno acabase coa guerra no seu favor.
 
En [[1347]] fixo a súa entrada triunfal en Constantinopla, e obrigou aos seus opoñentes a asinar un acordo polo cal se convertía en co-emperador con Xoán V, e único administrador durante a minoría. Tamén logrou que o seu propio fillo [[MateuMateo Cantacuzeno]] fose co-emperador.
 
Nesta época, o Imperio, xa entón dividido e reducido á súa mínima expresión, era atacado por todas partes. Houbo guerras cos [[Xénova|xenoveses]], que mantiñan unha colonia en [[Galatia]] e controlaban as transaccións monetarias coa corte. Guerra tamén cos serbios, que expandían o seu propio imperio nas fronteiras noroccidentais de Bizancio. E ademais produciuse a perigosa alianza cos turcos, que tomaron as primeira cidade en Europa ([[Galípolis]] en [[Tracia]]) cara ao final do seu reinado.