Diferenzas entre revisións de «Piornedo, Castrelo do Val»

sen resumo de edición
O seu nome, que se repite nos [[Ancares]] e na [[provincia de Cáceres]] indica terra de [[piorno]]s e nos mellores tempos, antes da emigración contou con 60 veciños: hoxe queda menos da metade, que seguen cultivando [[pataca]]s, [[castaña]]s e unha cabana aínda importante de [[vaca]]s de carne, [[cabra]]s e [[ovella]]s, aínda que a poboación, maioritarimente envellecida, vive das pensións.
 
Os primeiros emigrantes de Piornedo saíron cara ós [[Estados Unidos]], [[Cuba]] e o [[Brasil]], onde alguns fixeron fortuna. Veciños de Piornedo participaron como asalariados na construción da vía do tren [[Zamora]] - [[Ourense]] nos anos 30, morrendo e enfermando nas obras algúns deles. Posteriormente, nos anos 50, algúns instaláronse en [[Verín]], [[País Vasco]] e [[Barcelona]] e nos 60 emigraron a [[Alemaña]] e [[Suíza]] principalmente. Nos últimos anos ([[2000]]-[[2006]]), fíxose unha praza no centro da aldea, rodeada de lugares onde comer (forno de leña para pan ou para asar) e reunirse coa xente do lugar, axeitando a aldea para o turismo rural (ja).
 
{{Castrelo do Val}}
Usuario anónimo