Diferenzas entre revisións de «Explotación»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2357432)
m
A '''explotación''' é un termo usado na [[bioloxía]] e a [[ecoloxía]] para referirse a un comportamento animal. Consiste nun subtipo de [[relación interespecífica]] dentro do [[mutualismo]], na que unha parte resulta beneficiada a costa doutra perxudicada.
 
Dous exemplos danse no caso da polinización: nun caso, os insectos aprovéitanse dos beneficios dados pola planta (obtención de [[néctar]]) pero que non ofrecen unha contrapartida (por exemplo, por carecer dos órganos necesarios para a transferencia de [[pole]]); outro caso é o das flores dalgunhas [[orquídea]]s que semellan ofrecer néctar, pero que non o fan e non lles impide recibir insectos polinizadores, debido a que existen certas especies deles que non distinguen se a planta posúe néctar ou non. Outro exemplo é o dos peixes limpadores de ectoparasitos (parasitos externos) doutros animais: porén hai algunhas especies que do que se alimentan é en realidade de [[escama]]s, [[mucus]] e mesmo tecidos.
 
Non debe confundirse cos [[parasito]]s (como a posta do ovo do [[cuco]] en niños doutras especies), pois nese caso o comportamento non se basea na deturpación dunha práctica [[mutualismo|mutualista]], senón que é universalmente prexudicial para unha especie.
194.390

edicións