Bronquite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
Na bronquite crónica a inflamación bronquial é persistente, o que provoca un deterioro progresivo da función pulmonar. É consecuencia de infeccións repetidas dos [[bronquio]]s e [[bronquíolo]]s ou de, por exemplo, o fume do [[tabaco]]. Vaise alterando a cuberta mucosa dos tubos, que se estreitan e obstrúen por un aumento de secreción de [[moco]] e unha contracción excesiva dos [[músculo]]s da parede bronquial.
 
AO primeira [[síntoma]] é unha [[tose]] lixeira matutina da que habitualmente se culpa ao tabaco. Considérase que evolucionou cara unha bronquite crónica cando o doente [[expectoración|expectora]] a maioría dos días durante tres meses consecutivos en máis de dous anos sucesivos. Débense excluír outras causas, como a [[tuberculose]] pulmonar ou a existencia de [[bronquiectasia]]s.
 
Na '''bronquite crónica simple''' o [[esputo]] é de aspecto mucoso (escumoso e brancuzco) e na '''bronquite crónica sobreinfectada''' o esputo é purulento (espeso e amarelo-verdoso).