Turbeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 44:
As [[queiroa]]s ou queirogas son matos frecuentes no monte baixo galego pero tamén aparecen menos desenvolvida nas turbeiras, do mesmo xeito ca [[carroucha de turbeira]]s. Ambas plantas son capaces de sobrevivir porque teñen enormemente desenvolvido un [[Fungo (bioloxía)|fungo]] que vive en [[simbiose]] con elas nas raíces, de tal xeito que máis do 80% das raíces o constitúe este fungo. O conxunto da raíz–fungo é o que chamamos [[micorriza]]. A asociación aumenta o subministro de [[nitróxeno|azote]] para a queiroa e protéxea contra microorganismos daniños.
 
As [[rabela]]s son pequenas plantas carnívoras que aparecen nas zonas húmidas galegas. Precisamente a capacidade para dixerir insectos é o que fai a rabela sobrevivir nestes zonas de escasos nutrientes. As súas follas arredondadas e de cor verde–vermella medran en estrela arredor dun eixo. Na súa face superior, seguindo a contorna do [[limbo]] e no propio limbo uns tentáculos que segregan un [[moco]] pegañento e transparente que atrae os insectos. Cando entra un insecto en contacto cos tentáculos, a folla cúrvase quimiotropicamente, as preas fican coladas e son dixeridas para que os nutrientes sexan incorporados á planta polas glándulas dos tentáculos. Outras plantas carnívoras son as pinguículas.
 
==Véxase tamén==