Abrir o menú principal

Cambios

 
Desde o punto de vista comercial, Bizancio era o punto de partida da [[Ruta da Seda]], o eixe económico que unía [[Europa]] con [[Oriente]], importando materias de luxo como seda e especias. A interrupción desta ruta con motivo da desaparición do Imperio Bizantino provocou a procura de novas rutas comerciais, chegando españois e portugueses a América e África en busca de rutas alternativas. Os portugueses, que acabaron a [[Reconquista]] antes e dispuxeron dos recursos necesarios con antelación crearon un imperio atlántico que permitía alcanzar a India ao circunnavegar África. Os españois, posteriormente, patrocinarían a [[Colón]] e aos [[conquistador]]es, que supoñerían a creación dun imperio colonial que transformaría a España na primeira potencia mundial.
 
 
 
Bizancio desempeñou un papel inestimábel para a conservación dos textos clásicos, tanto no mundo islámico como na Europa occidental, onde sería clave para o [[Renacemento]]. A súa tradición historiográfica foi unha fonte de información sobre os logros do mundo clásico. Ata tal punto foi así, que se cre que o rexurdir cultural, económico e científico do [[século XV]] non fose posíbel sen a bases establecidas na Grecia bizantina.
49.236

edicións