Diferenzas entre revisións de «Procopio de Cesarea»

Na súa obra histórica dá unha descrición moi esmerada da praga que afectou Constantinopla o [[543]], cuns detalles médicos que fixo pensar que era médico ou tiña grandes coñecementos, pero o máis probábel é que a súa fonte fosen algúns médicos amigos. Como historiador é eloxiado por todos os que o seguiron; escribía sobre modelos clásicos, cun estilo elegante e descritivo, pleno de vigor, demostrando continuamente que escribía sobre temas dos que tiña unha moi boa información; foi o principal historiador do reinado de [[Xustiniano I]].
As súas obras principais foron:
# '''''Ιστορίαι''''', ''Historia das guerras'', obra dividida en 8 libros sobre as guerras libradas polo [[Imperio Bizantino]] durante o reinado de Xustiniano. Dous sobre as guerras persas, do [[408]] ao [[553]], dous sobre as guerras cos vándalos do [[395]] ao [[545]] e catro sobre as guerras góticas (de feito o cuarto libro é un suplemento con materias tamén doutros acontecementos) ata o [[553]], que foi continuado por [[Agatías de Mírina|Agatías]] ata o [[559]].
# '''''Κτίσματα''''', ''Libri VI. de Aedificiis conditis vel restoratis auspicio Justiniani''. [[Panexírico]] destinado a eloxiar as obras públicas erixidas por Xustiniano. Estruturado en seis libros, foi escrito seguramente durante a segunda metade da década de 550 e publicouse o 561. Preséntase a Xustiniano como o prototipo de gobernante cristián que levanta igrexas pola gloria de Deus, fortifica a cidade para gardar os seus súbditos ou mostra unha especial preocupación polo fornecemento de auga.
# '''''Ανέκδοτα''''', ''Historia Arcana'' ou ''Historia Secreta''. Colección de anécdotas, a miúdo licenciosas e outras veces absurdas, que constitúen unha crónica escandalosa da corte do [[549]] ao [[562]]. É a súa obra máis famosa. Menciónase no [[Suidas]] baixo o título grego de ''Anécdota'', pero non se descubriu ata varios séculos máis tarde, na Biblioteca Vaticana, e non se editou ata o 1623. ''Historia Secreta'' fai referencia aos mesmos anos que os sete primeiros libros de ''Historia das Guerras'', pero segundo o autor, narra aquilo que non estaba autorizado a escribir nas súas obras oficiais por medo ás represalias do emperador. A historia secreta revela un autor profundamente decepcionado co emperador [[Xustiniano I]] e a súa esposa, a emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano I)|Teodora]], así como Belisario, o seu antigo xefe e protector, e [[Antonina (esposa de Belisario)|Antonina]]. As anécdotas expoñen os segredos das súas accións públicas, así como a vida privada do emperador, a súa muller e os seus. Xustiniano é mostrado como cruel, corrupto e incompetente mentres que de Teodora detállase a súa vulgaridade e luxuria insaciábel, combinadas con mal carácter e ruindade. Algunhas opinións dubidaron que ''Historia Secreta'' fose escrita por Procopio, pero a análise do texto corrobora o seu autoría.
# '''''Orationes'''''
 
== Véxase tamén==
52.368

edicións