Xustino I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 43 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q183445
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 2:
'''Flavius Iustinus''' ou '''Xustino I''' (''c''. [[450]] - [[1 de agosto]] de [[527]]) foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] ([[518]] – [[527]]).
 
Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de [[Dardania]], pertencente á diocese de [[Diocese de Dacia|Dacia]] que, xunto coa de [[Diocese de Macedonia|Macedonia]], formaba entón a prefectura pretoriana de [[Ilírico]]. Na súa mocidade chegou a [[Constantinopla]] fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os ''excubitorsexcubitores'') do emperador [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]] en [[515]]. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en [[518]]. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era [[analfabeto]].
 
Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, FlaviusFlavio PetrusPetro SabbatiusSabacio, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de [[Xustiniano I|Xustiniano]]. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador [[Procopio de Cesarea|Procopio]], é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.
 
En [[525]], Xustino derrogou unha lei que prohibía aos membros da clase senatorial contraer matrimonio cunha muller de clase inferior, o cal foi considerado escandaloso na época. Grazas a este edicto, Xustiniano puido casarse con [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], unha antiga actriz e artista de circo; por outra banda, a derrogación desta norma contribuíu a diluír as antigas diferenzas de clase da sociedade romana.