Antonio Canova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q5547
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
Moi noviño aínda, a penas catro anos, Antonio ficou orfo de pai. A mai, Angela Zardo, contraeu novo matrimonio e trasladouse a próxima vila de [[Crespano del Grappa]]. Mentres o neno quedou en Possagno con un avó, Pasino Canova, canteiro e escultor local, que vistas as aptitudes do neto guiouno nos primeiros pasos artísticos. Estes feitos deixaron sinal en Canova para o resto da súa vida.
 
Aos once anos Canova comezou a traballar en Pagnano d'Asolo, preto de Possagno, no estudo de escultura de [[Giuseppe Bernardi Torretti]]. Por medio de Torretti, o pequeno "Tonin", foi introducido no prestixioso mundo veneciano, onde predominaba naquela altura o gusto [[Rococó]]. En Venecia profundou e estudou debuxo, frecuentando a escola de [[nudez na arte|nu]]s da [[Academia de Venecia]], onde se inspiraba.
 
== A tenda de arte ==
Liña 20:
[[Ficheiro:Le tre Grazie.jpg|dereita|miniatura|175px||As tres Grazas]]
No [[1779]], decide partir para [[Roma]], saíndo o [[9 de outubro]] dese ano.
Alí, estuda a estatuaria antiga e frecuenta a escola de [[nudez na arte|nu]]s da Academia de Francia e dos Museos Capitolinos, e puido encontrar e coñecer os maiores protagonistas da arte neoclásica e facer propia a teoría artística, da “nobile semplicità” e “quieta grandezza” de [[Johann Joachim Winckelmann|Winckelmann]].
 
En Roma vivíu no [[Palazzo Venezia]], como hóspede do embaixador veneciano [[Girolamo Zulian]], un apaixonado da arte e grande [[mecenado|mecenas]] de artistas, particularmente dos vénetos, desde o [[arquitecto]] [[Giannantonio Selva]], a [[Francesco Piranesi]], desde o [[pintor]] [[Pier Antonio Novelli]] e [[Giacomo Quarenghi]], aos gravadores [[Raffaello Morghen]] e [[Giovanni Volpato]].