Marsilio Ficino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: quito sección vacía
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Era fillo de [[Diotifece]], cirurxián famoso e médico persoal de [[Cosme de Médici]]. O seu nome «Ficino» vén probablemente da abreviación do nome do pai. Usouno por primeira vez no [[1456]]. Do [[1448]] ao [[1451]] estudou medicina na Universidade de Pisa en Florencia pois o seu pai quería que tivese a súa mesma profesión. Recibiu a tradicional formación escolástica da man de Niccolo Tignosi da Foligno quen, ademais, lle ensinou a teoría da medicina. Dicíase que Ficino posuía grandes dotes de curación e adquiriu, ademais, unha grande reputación como astrólogo. Non obstante, aínda que Marsilio publicou algunhas obras de medicina (como ''De triplice vita libri tres'' e ''Epidemiarum antidotus'') non seguiu esa carreira. Interesouse pola filosofía neoplatónica grazas á influencia de personaxes como [[Jorge Gemisto Pletón]] e [[Basilio Bessarión]]. No [[1459]] fundou a Academia platónica florentina con Cosme de Médici e dedícase con intensidade a aprender o grego.
 
Traduciu do grego ao latín os diálogos de [[Platón]] ([[1484]]), [[Plotino]] ([[1492)]]), o Corpus Hermeticum ([[1471]]) e algúns tratados e cartas escritos por un monxe descoñecido do século V, o [[Pseudo Dionisio Areopagita]]. Escribiu á parte dun enorme epistolario un famoso Comentario a ''[[O banquete]]'' de Platón e a Teoloxía Platónica. Aspiraba a unha fusión de platonismo e hermetismo co cristianismo, e no ''De Vita'' chegou a ter problemas coa Inquisición polas súas afirmacións que podían entenderse como un retorno ao paganismo e como favorecendo a determinación astrolóxica (cousa que nunca fixo, en realidade, xa que o seu emprego da astroloxía era só para "harmonizar" a vida cos ceos). Asumiu a teoría das emanacións divinas, propia do neoplatonismo.
 
No [[1473]] foi ordenado sacerdote. Recibiu logo dúas comunidades a xeito de prebendas por parte de [[LorenzoLourenzo de Médici]] e logo foi nomeado canónico da catedral de Florencia.
Mentor e amigo de [[Pico della Mirandola]], modificou definitivamente o enfoque sobre a melancolía, facéndoa característica do xenio literario e creador, exercendo así unha enorme influencia. A súa filosofía é a base de creacións artísticas como [[A Primavera]] e [[O Nacemento de Venus]], de [[Botticelli]], e o seu influxo estendeuse por todo o [[Renacemento]] chegando a afectar a personalidades tan diversas como [[Durero]], [[Agrippa von Nettesheim]], [[Paracelso]], [[Milton]] e [[Pico della Mirandola]].
 
Liña 17:
A Academia reuniu a un grupo de homes moi brillantes da Europa moderna: [[Pico della Mirandola]], [[Poliziano]], [[Lorenzo de Medici]], [[Alberti]], [[Landino]]... A súa influencia estendeuse aos grandes artistas do [[Renacemento]], como [[Boticelli]], [[Miguel Angel]], [[Rafael]], [[Tiziano]], [[Durero]] e moitos máis e, en definitiva a toda a vida intelectual de Florencia.
 
O humanismo difundiuse por toda Europa, a países como [[Alemaña]], [[Países Baixos]] e [[España]]. En [[Francia]] o fíxoo da man de Jacques Lefèvre d’Etaples; en Inglaterra destacan autores como [[John Colet]], un dos representantes do Humanismo neste país, quen, xunto con Tomás[[Thomas MoroMore]], seguiron o platonismo de Ficino e Pico.
 
A Academia Florentina constituíu unha nova fase na larga e complexa historia da tradición platónica. As súas fontes incluían non só os escritos de Platón e dos neoplatónicos, senón tamén obras atribuídas a [[Hermes Trimegisto]] e [[Zoroastro]], [[Orfeo]] e [[Pitágoras]], a quen Ficino consideraba testemuñas venerables dunha filosofía e teoloxía pagás antiquísimas. Para Ficino, a obra de Platón e os seus seguidores tiña a clave máis importante para o coñecemento do home e dos principios inmortais que o animan.
Liña 35:
 
==Obras==
Aínda que unha boa parte da súa obra consiste nunha excepcional labor de tradución de textos filosóficos transcendentais, Ficino escribiu tamén comentarios e resumes que constituíron obras persoais e diferenciadas. Entre a fundamental obra de tradución realizada por Fincino atópanse textos de Homero, Hesíodo, Espeusipo, Plotino, Porfirio, JámblicoXámblico, Pitágoras, Teofrasto, Atenágoras, Proclo, Psello, Henócrates, Sinesio, Alcinoo, Hermias, San Pablo, e os apoloxéticos cristiáns; así como a tradución e comentario da obra de Platón.
 
A súa obra máis “persoal” atópase na súa colección de Cartas, destinadas aos humanistas máis importantes da súa época. Estas Cartas constitúen verdadeiros tratados sobre a alma; entre elas destacan ''De Divino Furore'' y dúas Sumas: ''Teoloxía Platónica'', sobre a inmortalidade da Alma, e ''Sobre a Vida'', tratado de medicina e astroloxía que mostra como as enfermidades, causadas sempre por influencias astrais negativas, afectan á “saúde” da alma e impiden remontar ó ceo.
Liña 51:
===Outros artigos===
*[[Neoplatonismo]]
 
 
{{ORDENAR:Ficino, Marsilio}}
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Nados na provincia de Florencia]]
[[Categoría:Nados en 1433]]
[[Categoría:Finados en 1499]]