Frank Sinatra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
Tecnicamente, caracterizouse pola súa coidada precisión no fraseo e o seu dominio do control da respiración; o rango da súa voz estaba próximo ao de barítono. En canto á súa categoría artística, esta radica na súa capacidade interpretativa para transmitir as emocións e sentimentos implícitos nas letras das cancións. En Sinatra, calquera tipo de consideración vocal e, incluso, musical, resultan secundarias respecto da que é a súa misión principal: contar unha historia da forma máis expresiva posible.
 
A Sinatra recoñéceselle historicamente ser o primeiro cantante que fixo uso conscientemente dos medios de amplificación do son co obxecto de situar a súa voz por encima do son da [[orquestra]] (dominadora da musicamúsica popular estadounidense de principios de século XX) e para aproximala a intimidade do oído do ouvinte.
 
Como actor, Sinatra foi un artista de tipo intuitivo, reacioremiso a someterse os ensaios e repeticións habituais na gravación, polo que as súas interpretacións foron emocionalmente intensas ao tempo que irregulares. A importancia na súa vida do seu traballo actoral foi capital; por exemplo foi precisamente a través do seu papel en "De Aquí á Eternidade" como logrou saír dun bache persoal e artístico no tránsito dos anos corenta os cincuenta para encumbrarse no máis alto da popularidade, ademais de gañar pola súa interpretación o Oscar ao mellor actor secundario.
 
Na da súa carreira profesional, Sinatra gravou máis de 1300 cancións e participou en máis de cincuenta películas. Recibiu multitude de premios e homenaxes, entre os que contan dez [[Premios Grammy|Grammys]], o Premio da Academia de Artes e Ciencias da Gravación e a Medalla da Liberdade do goberno estadounidense.