Nino Rota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Engadir Outras obras musicais.
Almaffi (conversa | contribucións)
Índice
Liña 1:
'''Nino Rota''' foi un compositor e músico italiano que acadou sona especialmente por ser o creador de bandas sonoras de filmes de Federico Fellini, Francis Ford Coppola ou Luchino Visconti.
 
== Biografía ==
'''Nino Rota''' naceu en Milán o 3 de Decembro do 1911, o seu verdadeiro nome era Nino Rinaldi. Era neto de [[Giovanni Rinaldi]] (1840-95) un dos pianistas italianos máis sobranceiros do seu tempo. A súa propia filla, [[Ernesta Rinaldi]] foi pianista.
 
Liña 9:
Profesionalmente comezou a impartir clases sobre teoría musical na escola musical de Taranto, para posteriormente ensinar harmonía e composición no Conservatorio de Bari. Finalmente foi nomeado director deste Conservatorio, ocupando o posto durante case trinta anos (1950-78). Morreu en Roma o 10 de abril de 1979.
 
== Filmografía ==
 
{| border="1" cellpadding="4" cellspacing="0"
Liña 102:
 
 
== Outras Obras Musicais ==
Ademais das obras ligadas ó cine, Nino Rota compuxo un número considerable de outras obras musicais. A súa primeira ópera data do 1925: ''Il príncipe porcaro'' (baseado nunha historia de [[Hans Christian Andersen]]). Posteriormente compuxo ''Ariodante'' (Parma, 1942), ''Torquemada'' (1943), ''Il capello di paglia di Firenze'' (1945) (baseado nunha obra de [[Eugène Labiche]]), ''I due timidi'' (1950), ''Lo scoiattolo in gamba'' (Venecia, 1959), ''La notte di un nevrastenico'' (La Scala, 1960), ''Aladino e la lampada mágica'' (Nápoles, 1968), ''La visita meravigliosa'' (Palermo, 1970) e ''Napoli milionaria'' (Spoleto, 1978).
Ademais tamén escribiu música coral, catro sinfonías, o ''Concerto-soirée'' para orquestra, un concerto para cordas (1965), un concerto para cuarteto de cordas, varias pezas de cámara para piano, oratorios e diversos ballets: ''Rappresentazione di Adamo ed Eva'' (Perugia, 1957), ''Balli'', ''Le Molière imaginaire''(1976) and ''Amor di poeta'' (1978).