Nogueira común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
A '''nogueira común''' ('''''Juglans regia''''') e unha [[nogueira]] nativa dos [[Balcáns]], Asia central e do sudoeste pasando polos montes [[Himalaias]] ata o sueste da [[China]]. Os bosques nativos máis grandes atópanse no [[Quirguicistán]], a uns 1000-2000 m de altitude, especialmente en Arslanbob na provincia de [[Jalal-Abad]]. Cultivada en Galicia dende a antigüidade, naturalizada no leste do país.
Recibe tamén en galego os nomes de '''caroleira''' e '''coucheira'''.
 
==Descrición==
A nogueira común é unha árbore caducifolia que chega a medir ata 25 ou 35 metros, con troncos de ata 2 metros de diámetro. En xeral o tronco é curto e a carrouceira ampla, en especial nos exemplares illados é unha especie que esixe zonas ben soleadas para medrar ben. A casca é suave de cor gris prateado, espallada con amplas gretas máis ásperas. Coma tódalas nogueiras o [[endocarpo]] das polas máis finas ten bolsas de aire. As follas ordénanse en espirais de entre 25 e 40 cm son imparipinnadas, con de 5 a 9 follas por grupo. As follas máis longas son as tres de cada ápice. 10-18 cm ó longo e 6-8 cm ó ancho. O par de follas basais é moito máis pequeno: 5-8 cm de lonxitude. As flores masculinas son [[amentos]] colgantes de 5 a 10 cm. de lonxitude, as femininas son terminais, agrúpanse en acios de dúas a cinco flores que, no outono, maduran en forma dun froito de casca verde e semiflexible que cobre unha carabuña engurrada de cor marrón: a [[noz]]. O froito enteiro, incluída a casca, cae no outono. A semente é grande, cuberta dunha pel fina e comestible.