Euglenozoos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 22 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q499086
Servando2 (conversa | contribucións)
reproducción > reprodución
Liña 18:
[[Ficheiro:Afric tryp 1a DPDxi.jpg|thumb|220px|''[[Trypanosoma]]'' (un [[Kinetoplastea|cinetoplástido]]) entre [[eritrocito|glóbulos vermellos]].]]
 
Os '''euglenozoos''' ou '''''Euglenozoa''''' son un gran grupo de [[protozoo]]s [[flaxelado]]s, entre os cales os máis importantes son os [[Euglenoidea|euglénidos]] e os [[Kinetoplastea|cinetoplástidos]].<ref name=C-S1981>T. Cavalier-Smith (1981). "Eukaryote Kingdoms: Seven or Nine?". BioSystems 14 (3–4): 461–481. DOI:10.1016/0303-2647(81)90050-2. PMID 7337818. </ref> Entre eles hai formas de vida libre e unhas poucas especies [[parasito|parasitas]] importantes, que poden afectar aos humanos. A maioría son pequenos, arredor de 15-40 [[micron|µm]] de longo, aínda que algúns euglénidos poden atinguiratinxir os 500 µm de longo.
[[Ficheiro:Euglena - schema.svg|thumb|left|200px|Morfoloxía dun euglenozoo: 1-[[núcleo celular|núcleo]], 2-[[cloroplasto]], 3-[[gránulo (bioloxía)|gránulos]] de reserva, 4-[[vacúolo]] contráctil, 5-[[corpo basal|cinetosoma]], 6-ampola apical, 7-[[flaxelo]] curto, 8-[[mancha ocular|sensor de luz]], 9-[[mancha ocular]] (estigma), 10-[[flaxelo]] principal.]]
==Estrutura==
Liña 30:
A maioría destes organismos aliméntanse inxerindo organismos máis pequenos, normalmente [[bacteria]]s, ou por absorción. Algúns euglénidos, porén, posúen [[cloroplasto]]s e realizan a [[fotosíntese]]. Estes xeralmente perderon o citostoma e presentan outras adaptacións a unha vida [[autótrofo|autótrofa]], tales como [[mancha ocular|manchas oculares]] sensibles á luz. Os cloroplastos están rodeados por tres [[bicapa lipídica|membranas]] e están pigmentados de modo similar aos das plantas, o que suxire que foron adquiridos a partir da incorporación dalgunha [[alga verde]] por [[endosimbiose]].
 
Todos os membros de Euglenozoa posúen [[mitocondria]]s con cristas discoideas, que nos cinetoplástidos posúen caracteristicamente un gránulo ou [[cinetoplasto]] que contén [[ADN]], asociado coas bases dos flaxelos. Non se encontraron exemplos de [[reprodución sexual]] dentro do grupo. A reproducciónreprodución é, pois, exclusivamente asexual por medio da [[división celular]], caracteristicamente con [[mitose]] pechada, e un [[fuso acromático]] interno, é dicir, a [[envoltura nuclear]] permanece intacta e o fuso formase dentro do núcleo. <ref name=Pat1999 />
 
==Clasificación==