Aparicións de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q7228195
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Oito anos despois das aparicións de [[Fátima, Portugal|Fátima]], unhas das testemuñas, coñecida agora como Sor Lucía, vivía na residencia das irmás Doroteas en Pontevedra. Segundo ela, o [[10 de decembro]] de [[1925]] experimentou outra aparición da [[Virxe María]], que lle prometera volver visitala para revelarlle os requisitos específicos para a [[comuñón]] da reparación nos primeiros sábados.
 
Segundo conta, apareceuse a Virxe, e a carón dela, elevado nunha [[nube]] luminosa, o [[Xesús Cristo|neno Xesús]]. A Virxe puxo a man no seu ombreiro, e ensinoulle un [[corazón]] rodeado de [[espiña (botánica)|espiñas]]s que tiña na outra man. Ao tempo, o neno Xesús pediulle a Sor Lucía que tivese compaixón da súa nai, referíndose a ela como a nai no ceo da monxa. Despois, a Virxe díxolle as devocións dos cinco primeiros sábados de mes.
 
A devoción da comuñón de reparación nos cinco primeiros sábados está considerada unha parte esencial da mensaxe de Fátima, mencionada pola Virxe o [[13 de xullo]] de [[1917]]. Se alguén cumpre esas condicións nos primeiros sábados de cinco meses consecutivos, a Virxe María concederíalle unha graza especial na hora da súa morte.