Manuel Rodríguez López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3393078
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 42:
 
==Legado==
Manuel Rodríguez López deixou un inmenso legado para a Cultura Galega e o círculo emigrante Galego de [[Barcelona]]. Tamén influiu ós emigrantes Galegos do mundo. Esto o fixo coa súa obra xornalística e cos seus dous libros "Galegos en Catalunya" I e II. Outro legado que deixou foi o do Certame Literario a el adicado, que axuda financeiramente a autores e autoras que escriben en [[Galegolingua galega|galego]] ou [[CastelánLingua castelá|castelán]].
Manuel Rodríguez López foi un asiduo colaborador en medios de comunicación de Galicia, Cataluña e [[Arxentina]]. Foi correspondente de ''[[Faro de Vigo]]'' e de ''[[El Ideal Gallego]]'' na Cidade Condal, onde firmaba co seu nome de pía completo. Colaborou asiduamente en ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' de Lugo, ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''Praza Maior'' (voceiro do Concello de Lugo). Foi Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona, publicando numerosos artigos nas revistas ''Boletín'', ''Treboada'' e ''Alborada'' desa entidade. Colaborou en ''[[Correo de Galicia (Bos Aires)|Correo de Galicia]]'' e outros xornais e revistas de [[Bos Aires]] e publicou diversos artigos nas revistas galegas ''Coordenadas'' e ''Dorna''. Así mesmo foi colaborador en [[Radio Nacional de España]] na Coruña e Radio Popular de Lugo, centrándose as súas colaboracións en temas de historia lucense, monumentalidade e viaxes.