Diferenzas entre revisións de «Catedral de Lugo»

==Historia==
[[Ficheiro:MurallaCatedralGenial.JPG|miniatura|esquerda|200px|Vista da Catedral dende a Muralla, á altura da Porta do Bispo Odoario]]
Mandada construír no [[755]] polo [[bispo]] [[Odoario (bispo)|Odoario]], ás deficiencias de construción e aos asedios das guerras seica se debeu o que no primeiro terzo do [[século XII]] se achase o edificio nunhas condicións tales que obrigaron ao bispo Pedro III co seu cabido e outras persoas notábeis da cidade a concertar en [[1129]] co mestre Raimundo a construción dun novo templo conforme ao estilo arquitectónico entón imperante, o románico, e que se finalizou en [[1273]]. Con posterioridade, as reformas e ampliacións realizadas fixéronse en estilos gótico, barroco e neoclásico.
 
Unha das súas xoias artísticas é o retablo renacentista que estaba no altar maior, obra de Cornelius de Holanda, e que se partiu a consecuencia do [[Terremoto de Lisboa de 1755|terremoto de Lisboa]] de [[1755]]. Tras iso decidiuse dividilo en varios fragmentos, os dous maiores dos cales atópanse actualmente en ambos os extremos da nave de cruceiro.
 
A catedral posúe o privilexio papal de exposición permanente do [[Santísimo Sacramento]] que é sacado en procesión, de aí o cáliz e a hostia que aparecen no escudo da cidade coa lenda "''Hic hoc misterivm fidei firmiter prifitemvrprofitemvr''" (Cremos con fidelidade neste misterio), en referencia ao misterio da consagración do corpo de Cristo e que se trasladou ao propio escudo de Galicia. Este feito fai que se denomine a Lugo a cidade do Sacramento.
 
En [[2010]] restaurouse gran parte da catedral. A fachada principal foi limpada e impermeabilizada. A cuberta das naves do cruceiro e o presbiterio foi completamente cambiado, así como o musgo dos contrafortes. No interior limpouse integramente o altar maior, deixando á vista as vistosas cores orixinais do teito. As obras remataron a mediados do [[2012]].
640

edicións